Gallego

Listaxe provisional de centros admitidos e excluídos para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2018/2019

Gallego
Xúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2018-2019.
  • Ábrese un prazo de reclamación e alegación de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación no correo electrónico centrosplurilingues@edu.xunta.es.

Colectivo: 

Román Rodríguez anuncia a extensión do plurilingüismo a 58 centros en infantil e a 4 en bacharelato para o próximo curso

O conselleiro de Educación comparece no Parlamento para realizar un balance das principais accións do curso actual 2017/18, definido por unha aposta polas linguas estranxeiras e a educación dixital, así como pola blindaxe da equidade e inclusión

Ademais de incrementar o número de centros plurilingües ata alcanzar os 375, no 2018/19 tamén se poñerá en marcha o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía co fin de fomentar as competencias STEM e o vínculo coa Universidade

Amplíase a formación en respecto e igualdade, posto que os centros poderán ofertar dúas novas materias de libre configuración autonómica: “Coeducación para o século XXI” e “Sociedade inclusiva”

Tamén se reforzará a FP Dual con catro ciclos do sector da madeira e moble en colaboración con empresas líderes no sector e dous ciclos en Marítimo-pesqueira

Gallego
Román Rodríguez anuncia a extensión do plurilingüismo a 58 centros en infantil e a 4 en bacharelato para o próximo curso

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez compareceu hoxe no Parlamento de Galicia a petición propia para realizar un balance das principais accións e programas desenvolvidos neste curso 2017/18, que remata este xoves. Así mesmo, avanzou algunhas das medidas que se poñerán en marcha o próximo curso 2018/19. De feito, anunciou que, dentro do desenvolvemento da estratexia Edulingüe, o vindeiro setembro o ensino plurilingüe continuará coa súa extensión en Infantil e Bacharelato, iniciada no curso actual. Deste xeito, e segundo os datos provisionais, haberá 58 novos centros con Plurinfantil, chegando así a 141; e 4 máis con Pluribach, o que duplica os existentes. En total, o número de centros plurilingües (pendente da resolución dos ciclos plurilingües) ascenderá a 375, é dicir 53 máis con respecto aos 322 actuais.

Ademais de seguir avanzando, tanto cuantitativa como cualitativamente, na implantación do ensino plurilingüe a través de centros, seccións bilingües e auxiliares de conversa, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou o desenvolvemento da estratexia Edudixital 2020, sobre todo no ámbito STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Para o vindeiro curso poñerase en marcha por primeira vez o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, o STEMbach, especialmente vinculado coa Universidade porque o alumnado deberá realizar un proxecto de investigación co-dirixido por persoal dos departamentos universitarios e centros de investigación de prestixio. Outras das novidades neste ámbito é a creación de espazos maker en 10 centros educativos, que levarán consigo dotación de equipamento específico e unha achega económica.

Co fin de favorecer a autonomía dos centros galegos, a Consellería continuará ampliando o paquete de materias de libre configuración autonómica. En concreto, o vindeiro curso poñerase a disposición dos centros a materia Coeducación para o século XXI para alumnado de 1º de Bacharelato, presentada este mesmo luns. Ten como obxectivo impulsar un cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero a través dun modelo educativo que promova a equidade entre mulleres e homes en todas as súas dimensións.

A outra materia novidosa para o vindeiro curso será Sociedade inclusiva, prevista para 1º ou 2º de ESO. O obxectivo da mesma é a concienciación e a educación social para lograr unha sociedade plenamente inclusiva que cumpra cos principios recollidos na Declaración dos dereitos humanos e das persoas con discapacidade.

Máis de 1.200 ciclos formativos

Outra das novidades do curso 2018/19 vén dada pola Formación Profesional, posto que se incrementará un 1,4% a oferta ata chegar aos 1.261 ciclos formativos. Este crecemento busca responder ás demandas dos sectores estratéxicos para a economía galega, como é a madeira e o moble (un 9,68% máis de oferta), a automoción (un 5,56% máis) ou a hostalaría e turismo (5,6% máis).

A importancia deste aumento da oferta é maior tendo en conta que se produce principalmente, tal e como salientou o conselleiro, na FP Dual. En concreto, nesta modalidade formativa ofértanse por primeira vez catro ciclos no sector da madeira e moble, en colaboración con empresas líderes no sector, e dous ciclos en Marítimo-pesqueira. Tamén se producen outros aumentos significativos, como é o caso da fabricación mecánica (un 600% máis de proxectos) e en informática e comunicacións (un 200% máis), entre outros.

Segundo destacou o conselleiro, “falar hoxe de FP galega significa falar dunha ensinanza moderna, dinámica, innovadora, adaptada á realidade socio-económica e fonte de empregabilidade”. Neste sentido, e co obxectivo de seguir avanzando nunha vinculación directa entre formación e sectores produtivos, a Xunta, en conxunto coa Zona Franca de Vigo, presentou o futuro Campus FP de Vigo, o primeiro campus FP de España. Nestes momentos estase ultimando o convenio de colaboración coa Zona Franca.

Galicia: modelo de calidade e de equidade

Na parte de balance do curso actual, Román Rodríguez remarcou que Galicia foi quen de “consolidar un modelo educativo diferenciado”, definido pola calidade e pola blindaxe da equidade e da igualdade de oportunidades. Deste xeito, recordou o avance do ensino plurilingüe a todas as etapas, así como o incremento do libro dixital (máis de 11.600 alumnos e 154 centros); e a dotación de kits de Robótica, impresión 3D e Programación a centros de Secundaria e Primaria que xa chegaron a 22.000 alumnos.

Pero ademais, “un sistema educativo de calidade ten que ser inclusivo e equitativo”, explicou. En Galicia, 1 de cada 10 profesionais do ensino son especialistas na atención á diversidade, e o 91,9% do alumnado con necesidades educativas especiais está integrado nos centros ordinarios, o que favorece a igualdade de oportunidades na ensinanza. Neste reto, así como para reducir o abandono educativo temperán, xorden os contratos-programa, que este curso beneficiaron a preto de 140.000 alumnos de 473 centros.

Compromiso coa formación dos docentes

O conselleiro recoñeceu tamén o traballo dos docentes galegos, piar fundamental do sistema educativo. Neste contexto, lembrou que a Consellería leva tempo impulsando medidas para que o profesorado poida ter unha formación axeitada e actualizada co fin de responder ás necesidades, demandas e retos que ten ante si o alumnado galego.

A formación continua é unha das tres efes –xunto á formación inicial nas facultades de Ciencias da Educación e á formación para o acceso á docencia–, encamiñadas a incrementar o prestixio da función docente. Neste sentido, mencionou unha das peticións de Galicia realizada no marco do Pacto educativo, orientada a vincular o número de prazas de acceso ás facultades de Ciencias da Educación de todo o Estado coa capacidade de absorción do sistema educativo a nivel de emprego.

“Agardamos con interese coñecer as liñas de actuación que quere impulsar o novo Ministerio de Educación e FP, convencidos de que Galicia está no bo camiño e pode defender que o futuro da nosa sociedade se xoga na educación de hoxe”, concluíu.

Colectivo: 

Sección: 

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Gallego

Xúntase a Orde do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Tema: 

Colectivo: 

Aberto o prazo para realizar a memoria do programa CUALE 2017/2018

Gallego

Aberto o prazo  para realizar a  memoria do programa CUALE

O prazo remata o 30 de xuño de 2018

A memoria cubrirase na aplicación https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos á que se accede a través da conta de correo electrónico edu.xunta.es.

1-. Acceder a https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

2-. Premer en CUALE, curso 2017/2018, na pestana Listar Solicitudes

3-. Editar memoria. Gravar. Confirmar *.

* A memoria debe ser CONFIRMADA pola persoa directora.

Colectivo: 

Aberto o prazo para realizar a memoria do programa de Seccións Bilingües 2017/2018

Gallego

Curso  2017/2018

Aberto o prazo  para realizar a  memoria do programa de Seccións Bilingües

O prazo remata o 5 de xullo de 2018

A persoa coordinadora, o profesorado CLIL e o/a  director/a terán acceso á aplicación https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos a través da súa conta de correo electrónico edu.xunta.es.

1-. Acceder a https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

2-. Premer en Seccións Bilingües, curso 2017/2018, na pestana memoria.

3-. Cubrir. Gardar. Confirmar *.

* A memoria debe ser CONFIRMADA pola persoa directora.

Importante: Sen a confirmación da memoria non se poderá certificar o labor do profesorado CLIL nin das persoas coordinadoras do programa de Seccións Bilingües.
 

Colectivo: 

Educación convoca 1125 prazas de estadías en inglés, a English Week, para alumnado de Primaria e ESO

O prazo para solicitar a participación nesta actividade, que é totalmente de balde para as familias, estará aberto ata o 2 de xullo

A Consellería tamén convoca 335 prazas de formación do profesorado en linguas estranxeiras, un 56% máis que o curso pasado

Gallego
Educación convoca 1125 prazas de estadías en inglés, a English Week, para alumnado de Primaria e ESO
Educación convoca 1125 prazas de estadías en inglés, a English Week, para alumnado de Primaria e ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar a English Week deste outono, un total de 1125 prazas dirixidas ao alumnado de 6º curso de Primaria e dos catro cursos de ESO, para que realicen estadías lingüísticas en inglés no centro de inmersión lingüística dos Peares (Ourense), o único de toda España dedicado en exclusiva a tal fin.

As estadías, enmarcadas dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, son totalmente gratuítas para as familias, xa que a Consellería asume o custe das mesmas cunha partida de 544.500 euros destinados a sufragar os gastos de docencia e material escolar, de mantemento e aloxamento dos rapaces, a contratación dos monitores que os acompañan, as actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, os certificados e os seguros correspondentes.

Tal como se establece na orde que publica hoxe o DOG (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180607/AnuncioG0164-280518-0004_gl.html ) os centros escolares interesados en participar dispoñen de prazo desde mañá e ata o 2 de xullo para tramitar a correspondente solicitude. O número máximo de candidatos por centro será de 25 alumnos, todos do mesmo nivel educativo. E para a selección dos centros establécense unha serie de requisitos entre os que se priman cuestións como os contornos socioeconómicos menos favorecidos e os centros do ámbito rural.

Dez quendas de unha semana

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 7 de outubro e o 15 de decembro deste ano. Deste xeito, os rapaces pasarán unha semana de domingo a sábado en réxime de internado nun campamento con profesores e monitores nativos en inglés, onde compaxinarán as actividades formativas con outras de carácter lúdico.

O obxectivo principal é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.

Prazas de formación para o profesorado, PIALE

A Consellería de Educación tamén publica hoxe no DOG (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180607/AnuncioG0164-310518-0002_gl.html) a orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) para o ano 2018. En total serán 335 prazas, case un 56% máis ca no ano anterior para que os docentes do ensino non universitario melloren as súas competencias en inglés, portugués, francés ou alemán en estadías en países estranxeiros. Á súa volta, deberán elaborar materiais para a sociedade da información na lingua obxecto de estudo, co fin de que a experiencia redunde no beneficio do conxunto do sistema educativo.

As solicitudes deberán tramitarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xuño.

Modalidades en Galicia e no exterior

Haberá dúas modalidades para as prazas convocadas. A primeira delas consiste nunha semana de formación en inglés, francés ou portugués en Galicia que se completa con outras catro semanas de inmersión total en centros escolares de Canadá, Francia ou Portugal.

A segunda das modalidades consiste, ben nun curso de dúas semanas de formación en Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e Alemaña, durante o primeiro trimestre do curso 2018/19, ben, como novidade, nunha semana de formación intensiva en Galicia en réxime de inmersión total en lingua inglesa durante o mes de xullo. O profesorado que participe actividades formativas que coincidan co período lectivo será substituído nos seus centros educativos.

A Consellería destina un total de 1.143.029,00 euros á organización deste programa, ao que haberá que engadir os custos derivados das substitucións correspondentes (uns 700,000 €) ao que poderán acceder, con carácter xeral, o profesorado funcionario de carreira ou funcionario en prácticas que participe nos programas de seccións bilingües ou centros plurilingües ou que teña previsto facelo a partires do curso 2017/18.

Colectivo: 

Sección: 

Orde do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week

Orde do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week
Gallego

Publicada a Orde do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, dependentes desta consellería, para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Participantes e quendas

Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2018.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos cales se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

As estadías desenvolveranse en dez quendas dunha semana de duración entre o 7 de outubro e o 15 de decembro deste ano. 
 

Solicitudes

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 2 de xullo de 2018.

Colectivo: 

Resolución definitiva da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva da ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

Colectivo: 

Sección: 

Incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso 2018/2019

Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia

Ensinanza: 

Listaxe definitiva de centros admitidos da convocatoria para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva de centros admitidos da convocatoria para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2017/2018.