Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Xov, 27/03/2014 - 10:10

Publicada a Orde do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de marzo ata o 28 de abril (incluído)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.