Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2015)

Ven, 22/05/2015 - 12:48

Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 1 de xuño de 2015.

A documentación destas reclamacións, sen prexuízo de que sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es.