Concurso público de méritos para a adxudicación de dúas prazas de profesor ou profesora de lingua e literatura española nun centro educativo da rexión de Amiens (Francia) para un intercambio de posto a posto

Mar, 07/04/2015 - 10:09

Xúntase a Resolución do 6 de abril de 2015, do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se aproban as bases do concurso público para adxudicación de dúas prazas de profesor ou profesora de lingua e literatura española nun centro educativo da rexión de Amiens (Francia) para un intercambio de posto a posto.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación desta resolución.