IN18 - CAROTALI: Modificación xenética de lévedos para a produción de β-caroteno
• Deseñar e modificar xeneticamente un lévedo para producir β-caroteno.
• Estudar e optimizar variables que afectan o cultivo do microorganismo produtor de β-caroteno nun biorreactor.
• Realizar probas de concepto para avaliar a incorporación do β-caroteno producido por lévedo en produtos alimentarios.
Optimización da produción de β-caroteno a partir de Saccharomyces cerevisiae transformado mediante un plásmido que contén os xenes necesarios para a súa síntese. A través de procesos de cultivo a pequena escala nun biorreactor, desenvólvense probas de concepto na industria alimentaria, empregando o lévedo modificado e o β-caroteno extraído na elaboración de alimentos.
Persoa coordinadora:
José Crecente Campo.
Participantes:
Alumnado e profesorado de Industrias Alimentarias, e de Química.