IN36 - Banco de probas hidráulicas: Formación práctica para mantemento de instalacións

Familias profesionais:
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes, Lugo
Entidades colaboradoras:
Saicalu
Obxectivos:

•    Deseñar e construír unha instalación de bombeo de fluídos para estudo e experimentación en condicións reais.
•    Analizar o funcionamento e as características dunha instalación hidráulica, aplicando os contidos teóricos á práctica.
•    Simular problemáticas habituais das instalacións para desenvolver solucións e estratexias de mantemento.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun sistema de estudo de instalacións hidráulicas mediante un circuíto composto por un depósito, bombas, válvulas e actuadores. O sistema ha permitir simular diferentes condicións e problemáticas, analizando as variacións nos parámetros medidos para optimizar o funcionamento e a resolución de incidencias.

Participantes:

Persoa coordinadora:
Manuel Astariz Martínez.

Participantes:
Alumnado e profesorado de Instalación e Mantemento.