IN34 - Realidade mixta: Innovando na xestión de medicamentos
• Desenvolver solucións de realidade aumentada e mixta para optimizar a xestión e a dispensación de medicamentos.
• Mellorar a eficiencia na xestión de stocks nas farmacias empregando a realidade aumentada.
• Investigar o uso da realidade mixta como ferramenta educativa.
Desenvolvemento dunha aplicación para xerar hologramas 3D que mostren as características dun fármaco na dispensación, facilitándolle información ao/á paciente. Ademais, inclúe unha funcionalidade de realidade aumentada para optimizar a xestión de medicamentos, verificando axiña a súa caducidade e o número de lote.
Persoa coordinadora:
Juan Navaza Carro.
Participantes:
Alumnado e profesorado de Artes Gráficas, e de Sanidade.