IN25 - Innovación no sector Sanitario

Familias profesionais:
Sanidade
Centro educativo coordinador: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, Coruña, A
Centros colaboradores:
CIFP Los Gladiolos
CIFP Francesc de Borja Moll
CIFP Don Bosco LHII
Entidades colaboradoras:
Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña
FABRX Ltd.
Obxectivos:
  • Integrar tecnoloxías innovadoras na formación sanitaria e farmacéutica, empregando realidade virtual, impresión 3D e gamificación para mellorar a aprendizaxe práctica e a adquisición de competencias profesionais.
  • Mellorar a cualificación e a preparación dos futuros profesionais do sector sanitario e farmacéutico, dotándoos de habilidades técnicas avanzadas e favorecendo a súa adaptación ás novas tendencias tecnolóxicas do ámbito asistencial e da industria farmacéutica.
Síntese do proxecto:

O proxecto integra novas tecnoloxías para optimizar a aprendizaxe en contornas sanitarias. SimCaeX emprega realidade virtual e contornos 360º para reproducir unha central de esterilización, permitindo ao alumnado coñecer e aplicar técnicas de desinfección e esterilización. FarmaGummies integra a impresión 3D na formulación personalizada de complementos alimenticios en formato de gominola, adaptando doses e composicións ás necesidades
dos pacientes. Tom’s Game utiliza gamificación mediante unha app móbil, mellorando a formación en primeiros auxilios a través da simulación de emerxencias e a toma de decisións clínicas.

Participantes:

Persoas coordinadoras:
Ana Gómez Álvarez
Nuria Rouco Mejuto
Noemí Santos Lineros

Participantes:
Alumnado e profesorado de Sanidade