IN28 - Plataforma isoinercial

Familias profesionais:
Actividades físicas e deportivas
Artes gráficas
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Laxeiro, Lalín
Centros colaboradores:
CIFP Leixa
Entidades colaboradoras:
Centro Move
Obxectivos:

•    Deseñar e fabricar unha plataforma isoinercial que ofreza resistencia controlada e segura.
•    Integrar tecnoloxías de recollida e análise de datos para avaliar o rendemento físico na plataforma isoinercial.
•    Proporcionar formación na utilización e no mantemento correctos dos sistemas de adestramento isoinercial.

Síntese do proxecto:

Deseño, fabricación e validación dunha plataforma de adestramento isoinercial que aplica principios da física para proporcionar resistencia controlada e variable durante o exercicio. A plataforma, equipada con mecanismos internos e un cono de inercia, xera resistencia a través de movementos concéntricos e excéntricos.

Participantes:

Persoa coordinadora:
Meritxell Porral Novis.

Participantes:
Alumnado e profesorado de Instalación e Mantemento, de Actividades Físicas e deportivas, e de Artes Gráficas.