IN24 - Biomateriais sostibles: De residuos orgánicos a bioplásticos e biofilms
• Desenvolver bioplásticos e biofilms a partir de residuos orgánicos, mellorando as súas propiedades fisicoquímicas.
• Explorar e identificar novas aplicacións para os bioplásticos e biofilms en sectores como a medicina e o téxtil.
• Investigar novos procesos e tecnoloxías para optimizar a produción de bioplásticos e biofilms
Desenvolvemento de biomateriais sostibles a partir de residuos orgánicos xerados nas actividades hostaleiras. A través de procesos químicos, créanse biomateriais biodegradables e biofilms, cunha variedade de posibles aplicacións no sector téxtil ou sanitario, promovendo a sostibilidade e a economía circular.
Persoa coordinadora:
Mirian Sánchez Fernández.
Participantes:
Alumnado e profesorado de Química, de Téxtil, Confección e Pel, de Hostalaría e Turismo, de Madeira, Moble e Cortiza, e de Fabricación Mecánica.