IN32 - Simulación loxística: Maqueta e software Odoo para xestión de almacén
• Desenvolver un almacén simulado mediante maquetas físicas ou impresión 3D para reproducir unha contorna realista.
• Aplicar Odoo na xestión do almacén, simulando operacións de descarga, almacenamento e carga.
• Analizar e optimizar fluxos de traballo no almacén mediante a simulación en Odoo.
Deseño dunha réplica realista dun almacén, a nivel tanto físico como dixital, integrando a simulación dos procesos de xestión mediante Odoo, un software de planificación empresarial (ERP) de código aberto que permite optimizar a loxística e o control de inventarios.
Persoa coordinadora:
Beatriz Rodríguez Noya.
Participantes:
Alumnado e profesorado de Comercio e Márketing, e de Electricidade e electrónica.