IN23 - Análise da calidade do aire a través de bioindicadores

Familias profesionais:
Sanidade
Seguridade e medio ambiente
Centro educativo coordinador: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, Coruña, A
Entidades colaboradoras:
Universidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de A Coruña
Concello de A Coruña
Obxectivos:

•    Estudar a concentración de óxidos de xofre e nitróxeno empregando de liques epífitos como bioindicadores.
•    Analizar a concentración de metais pesados relacionados co tráfico utilizando o musgo como biomonitor.
•    Fomentar a consciencia ambiental e a sensibilización sobre os efectos da contaminación atmosférica nos ecosistemas urbanos.

Síntese do proxecto:

Estudo da calidade do aire na cidade da Coruña, utilizando bioindicadores como os liques epífitos e os musgos para analizar os niveis de contaminación atmosférica. A través da obtención de datos ambientais, realizouse un estudo comparativo entre os barrios da cidade, e xeráronse gráficos e mapas que representan a calidade do aire nos barrios.

Participantes:

Persoa coordinadora:
Cristal Romero Rodríguez.

Participantes:
Alumnado e profesorado Seguridade e Ambiente, e de Sanidade.