IN27 - ORTI_table: Experiencia multisensorial a través de mobiliario intelixente

Familias profesionais:
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: IES de Ortigueira, Ortigueira
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Lugo
Entidades colaboradoras:
Madeiras Besteiro.
Innova Fabricación y Distribución.
Ebanober.
Obxectivos:

•    Deseñar e fabricar moblaxe intelixente combinando madeira e resina epoxi.
•    Integrar diversas tecnoloxías na moblaxe para mellorar a súa funcionalidade.
•    Crear unha experiencia multisensorial mediante a interacción da moblaxe co son, utilizando ferrofluído para vibrar ao ritmo da música.
•    Fomentar a innovación no deseño de moblaxe, combinando estética e tecnoloxía de xeito práctico e sostible.

Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación de moblaxe intelixente de madeira combinada con resina epoxi, equipada con elementos tecnolóxicos como sensores e luces LED, que se activan mediante presión ou son. A moblaxe incorpora un sistema de carga sen fíos e altofalantes con ferrofluído, creando unha experiencia multisensorial ao vibrar coa música.

Participantes:

Persoa coordinadora:
Rebeca Blanco Lorenzo.

Participantes:
Alumnado e profesorado de Madeira, Moble e Cortiza.