IN26 - Biomobilario: Mobles sostibles con ecorresinas e madeira
Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo
Centros colaboradores:
CIFP A Xunqueira
Entidades colaboradoras:
Castro Composites
Gairesa
Obxectivos:
• Fabricación de mobles sostibles a partir de madeira e subprodutos con ecorresinas.
• Analizar as propiedades e o comportamento dos materiais obtidos.
• Fomentar a economía circular e o respecto polo ambiente a través da reutilización de subprodutos da madeira.
Síntese do proxecto:
Integración de novas tecnoloxías no tratamento da madeira e dos seus subprodutos mediante o uso de ecorresinas. Explorarase a combinación destes materiais para a creación de mobles sostibles, innovadores e de gran durabilidade.
Participantes:
Persoa coordinadora:
Marcos Fernández Lorenzo.
Participantes:
Alumnado e profesorado de Madeira, Moble e Cortiza, e de Fabricación mecánica.