IN03 - Digital tasting
• Desenvolver unha plataforma web e unha aplicación móbil para xestión de catas.
• Mellorar a experiencia de aprendizaxe, fomentando a participación activa do alumnado na cata de produtos.
• Substituír o papel por ferramentas dixitais para mellorar a xestión e a avaliación do proceso educativo.
Dixitalización do procedemento de cata, substituíndo as fichas de recollida de datos en papel por un sistema dixital que permite almacenar, xestionar e transmitir os datos de xeito eficiente. Este sistema facilita a realización de catas simultáneas, transmitindo os datos en tempo real, para unha análise máis áxil e precisa.
Persoa coordinadora:
Ramiro Esparís Sampedro.
Participantes:
Alumnado e profesorado de Hostalaría e Turismo.