IN31 - Agricultura de precisión en cultivos galegos km 0

Familias profesionais:
Agraria
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Plurilingüe de Valga, Valga
Entidades colaboradoras:
Almacéns Agroulla
O Forno Garden
Gerca, Acero y Metal
Obxectivos:

•    Deseñar un robot cartesiano para mesas de cultivo, con tecnoloxía adaptable a invernadoiros.
•    Automatizar labores agrícolas, optimizando os procesos de cultivo e coidado das plantas.
•    Maximizar os beneficios da agricultura galega, mediante a automatización.

Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dun robot de coordenadas cartesianas para mesas de cultivo, equipado con visión artificial e IoT, para monitorizar e controlar o crecemento e o tratamento de cultivos de xeito automatizado.

Participantes:

Persoa coordinadora:
Bibiana Bértoa Cambón.

Participantes:
Alumnado e profesorado de Instalación e Mantemento, Electricidade e Electrónica, Fabricación mecánica e Agraria.