IN22 - Fabricación de avión de aluminio a escala
Familias profesionais:
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes, Lugo
Centros colaboradores:
IES Espiñeira
Entidades colaboradoras:
Actividades Aeronáuticas Lucenses
Aeroflota del Noroeste
Delfinox Compostela
Obxectivos:
- Realizar prácticas formativas de utilidade en aeromecánica.
- Mellorar a formación e a inserción laboral do alumnado.
Síntese do proxecto:
Construción dunha maqueta funcional dunha aeronave a escala que permite desprazala facilmente e realizar prácticas de aeromecánica.
Participantes:
Profesorado e alumnado da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos.
Proxecto premiado na Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2020 na Modalidade B.
