IN05 - Impresoras de gran formato con aplicacións gastronómicas

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Hostalaría e turismo
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: CIFP Carlos Oroza, Pontevedra
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Santiago
Entidades colaboradoras:
MakerGal
Obxectivos:
  • Deseñar impresoras para industria da repostaría e da pastelaría.
  • Empregar novas ferramentas tecnolóxicas na aula.
Síntese do proxecto:

Construción de impresoras 3D en gran formato para a fabricación de moldes e elementos decorativos, e para impresión directa con materiais alimentarios.

Participantes:

Profesorado e alumnado das familias profesionais de Hostalaría e Turismo, de Madeira, Moble e Cortiza, e de Fabricación Mecánica.

Coordinador: Jorge Sánchez Verdeal