IN35 - Campaña de promoción do comercio local
Familias profesionais:
Comercio e márketing
Centro educativo coordinador: CIFP Portovello, Ourense
Entidades colaboradoras:
Centro comercial aberto de Ourense
Obxectivos:
- Establecer relación directa co sector comercial ourensán, poñendo en práctica os contidos teóricos.
- Mellorar a inserción do alumnado no mundo empresarial.
- Deseñar accións creativas de márketing para aplicar nos establecementos do Centro Comercial Aberto de Ourense.
Síntese do proxecto:
Intercambio de coñecementos entre o centro educativo e a empresa. Por unha banda, o alumnado poderá pór en práctica en casos reais todo o aprendido no ciclo e, por outra parte, os establecementos do Centro Comercial Aberto de Ourense ven os resultados dunha campaña de promoción deseñada polo alumnado.
Participantes:
Profesorado do departamento de Comercio e márketing.
Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Comercio e márketing.
Coordinadora: Lidia Blanco Cerradelo.
Contacto:
Proxecto premiado na Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.