Skip to Content

Libro do Mes

Marzo 2015

A forma das nubes

de

 María López Sández


María López é profesora de Didáctica da Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, área de Didáctica da Lingua e da Literatura no Departamento de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A forma das nubes foi galardoada co Premio Narrativa Breve de Repsol na súa sexta edición.

Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o vai cambiar todo e na que coñece unha actriz engaiolante e cativadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasado, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes para recoñecer nelas figuras do mundo real.

Novela, narrada en primeira persoa, que pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración de ritmo intenso e constante.

O lector axexa na interioridade da protagonista, nas súas vulnerabilidades, nas vivencias dunha vida que nace e nos sentimentos cando  a traxedia se instala no seu fogar.

 

Os adultos adoitan dicir que os nenos queren ser nenos para o que lles convén e adultos para o resto. Mais eu sentía exactamente que xa era demasiado grande para gozar dos privilexios de O., e demasiado nena para facer o que quería ou que se me tivese en conta. E tamén mamá nisto era contraditoria: ás veces abrazábame e aloumiñábame o pelo como facía con O. E noutras ocasións arredábame cando lle daba un bico. Así que, en xeral, eu andaba enfurruñada e prefería non falar demasiado. Pola súa banda, papá  intentaba ter unha conversa comigo, sabíao porque aparecía a deshoras nos recantos onde me agochaba e eu decatábame de que andaba a miña procura, mis facía todo o posíbel por eludir esa conversa. Iso era o que mais me asustaba: antes prefería sesión dobre de contos e monicreques con O. Ou mesmo unha lección de saber estar por parte da miña nai. Pero o caso é que eu tiña as miñas propias ocupacións e iso facía mais doado permanecer á marxe do resto. Abondábame con matinar onde podería atopar a ...

Febreiro 2015

BAJO LA MISMA ESTRELLA

John Green

John Green nace en Indianápolis, Estados Unidos, o 24 de agosto de 1977. Licenciado en Lingua e Literatura Inglesa e en Teoloxía, tiña pensado continuar os seus estudos para ordenarse como pastor da Igrexa Episcopal, pero o seu traballo nun hospital para nenos con enfermidades terminais leváronlle a preferir converterse en escritor e narrar as súas experiencias. Traballou como asistente editorial, comentarista de libros e produtor dun programa de radio. Actualmente vive en Indianápolis coa súa esposa e dous fillos.
As súas obras posúen unha linguaxe directa, sinxela e clara. Están escritas usualmente en primeira persoa, na voz dos seus protagonistas principais. Baséanse en feitos da vida real e cotiá, moitas veces tristes e devastadores, pero reais á fin e ao cabo.
Ademais de escritor, John é un popular youtuber. Xunto co seu irmán Hank mantén a canle VlogBrothers, ademais doutros varios proxectos audiovisuais, todos os cales posúen unha considerable audiencia. Están considerados dentro do grupo de youtubers máis influentes
A adaptación cinematográfica da novela, protagonizada por Shailene Woodley e Ansel Elgort, estreouse en España en xullo de 2014.
Na biblioteca podes atopar tamén Una estrela que non se apaga e El teorema de Katherine.
  A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos os dous padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, só existe o hoxe e o agora. Por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer o seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contra o reloxo, tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que talvez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme puzzle do que forman parte...

 

Hai varias maneiras de descubrir as expectativas de supervivencia de alguén sen necesidade de preguntarlle directamente, e eu recorrín á clásica.
-Vas ao instituto?
Os pais adoitan sacarte da escola en canto pensan que vas palmala.
- Si- contestoume-. Vou ao North Central, aínda que un ano atrasado. Estou en segundo de bacharelato. E ti?
Pensei en mentir. Á fin e ao cabo, a ninguén lle gustan os cadáveres. Pero ao final díxenlle a verdade.
-Non. Os meus pais sacáronme da escola hai tres anos.
-Tres anos? - preguntoume sorprendido.
Expliquei a Augustus os principais episodios do meu milagre: diagnosticáronme estadio IV de cancro de tiroide cando tiña trece anos. (Non lle dixen que mo diagnosticaron tres meses despois de que me viñese a regra por primeira vez, en plan "Felicidades! Xa es muller. Agora, morre") Dixéronnos que era incurable.
Pasei por unha operación chamada "disección radical de cuello", e que é tan agradábel como o seu nome. Despois por radiacións. A continuación probaron a quimio para os meus pulmóns. Os tumores diminuíron, pero logo volveron crecer.
Por entón tiña catorce anos. Empezáronseme a encher os pulmóns de líquido. Parecía un cadáver, coas mans e os pés inchados, a pel agretada e os labios sempre morados.
Hai un medicamento que fai que non che asuste tanto o feito de non poder respirar, e a través dunha cánula enchíanme as veas dese medicamento e dun montón máis. Aínda así, afogarse é bastante desagradable, especialmente cando sucede durante meses. Ao final rematei na UCI con pneumonía, e a miña nai axeonllouse xunto á miña cama e díxome:"¿Estás preparada, cariño?", eu contesteille que estaba preparada, e o meu pai non deixaba de repetirme que me quería, e non se lle entrecortaba demasiado a voz porque a tiña xa entrecortade de todo, e eu repetíalle que...

 

 Primeiro capítulo

Xaneiro 2015

O Hobbit
de
 J. R. R. Tolkien
    Narración das vicisitudes dun pobo apacible e sensato que vive na Terra Media, xunto con elfos, magos e outros seres fantásticos. Inicio  dun ambicioso ciclo épico que se concretou na triloxía O señor dos aneis e O Silmarillion.
    A Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ao día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trastocada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos cara á Montaña Solitaria para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo.
Tolkien Hobbit
-¿Estamos todos aquí? -dixo, devolvéndolle a espada a Thorin cunha reverencia-. Déixame ver: un (era Thorin), dous, tres, catro,cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once; ¿onde están Fili e Kili? ¡Aquí os están!, doce, trece, e aquí está o señor Bulseiro, ¡catorce!¡Ben, ben!, podía ser peor, e tamén podía ser bastante mellor. ¡Sen ponis, nin comida, e sen saber ben ónde estamos, e con hordas de trasnos furiosos aí detrás! ¡Sigamos!
   Seguiron. Gandalf acertara: comezaron a oír ruído de trasnos e horribles ouveos ó lonxe, nos pasadizos polos que viñeran. Iso fíxoos avanzar máis axiña que antes, e como o pobre Bilbo non podía ir nin a metade de rápido (pois os ananos poden apurar moitísimo -asegúrovolo- cando teñen que facelo) alternáronse para levalo ó lombo.
   Os trasnos aínda apuran máis cós ananos, e estes trasnos coñecían o camiño mellor (eles mesmos fixeran os pasadizos) e adoecían coa carraxe; así que fixesen o que fixesen, os ananos oían os berros  e ouveos acercándose cada vez máis e máis. Pronto puideron oír mesmo as pisadas dos trasnos; moitos, moitos pés que parecían estar xusto detrás da última reviravolta. O lampexo dos fachos vermellos podíase ver detrás deles no túnel polo que ían; e empezaban a sentirse mortalmente cansos.
   -¿Por que, pero por que deixaría eu o meu buratohobbit? -dixo o pobre  señor Bulseiro bambeando arriba e abaixo no lombo de Bombur.
 -¿Por que, pero por que traería eu a este coitadiño hobbit a buscar un tesouro? -dixo o pobre Bombur, que era gordo, e abaneaba para os lados coa suor pingándolle polo nariz abaixo da calor e do pánico.
   Nese punto, Gandalf quedou atrás, e Thorin...

Podes ler máis aquí

 

A adaptación cinematográfica desta novela comprende tres películas:

  •  El hobbit: un viaje inesperado (2012)

http://youtu.be/sI8OQRXhcZE

  •   El hobbit: la desolación de Smaug (2013)

http://youtu.be/NSwRIEofsaE?list=PLJylJdKDKqqxs_sowznBulbmoRm919gmD

  •  e a última.- El hobbit: la batalla de los cinco ejercitos (decembro de 2014)

 

Decembro 2014

 

 

 

Estrella dorada
de
Ana Alonso e Javier Pelegrín Rodríguez 

     Terceira parte da triloxía Yinn, mestura de relato histórico, novela fantástica e de aventuras.
    A Península a comezos do século XII: nos reinos cristiáns son habituais os enfrontamentos nobiliarios mentres en Al-Ándalus os almorábides impoñen unha nova orde. Yinn introdúcenos nun universo fantástico onde se mesturan as tradicións máxicas das tres culturas que conviviron na Península ao longo da Idade Media. Catro mozos protagonizan esta historia: o noble leonés Diego; a filla dun célebre médico musulmán de Sevilla, Sahar; Yehudá, xudeu cabalista de Toledo e Olaya, a herdeira dun conde galego. O misterioso Akil, un yinn con enormes poderes e un corazón que, pouco a pouco, se irá volvendo máis humano...  entrelaza o destino dos catro.
    Un monxe que busca traducións para a biblioteca do seu mosteiro, unha voda que hai que impedir, a recuperación dun cáliz extraviado en estrañas circunstancias permiten tecer unha historia na que non faltan adversarios pero tamén amigos dispostos a facer realidade os seus soños. 

 

-Perdonadme , padre, pero no entiendo nada. ¿Qué ha pasado?
-Un robo don Diego. Un robo y un sacrilegio. El cáliz de Nuestro Señor Jesucristo ha desaparecido.
-¿El grial?
-En efecto. Vos sabéis lo mucho que nos lo envidian en toda la Cristiandad. Parece modesto en apariencia,... Pero el nuestro es el auténtico...

Me arrodillé junto a él e, imitando su actitud, cerré los ojos y junté las palmas de mis manos.
...Por primera vez  desde mi llegada a los reinos del norte, me pareció entender las creencias de aquellas gentes. No eran tan diferentes de las de los sabios sufíes de al-Ándalus.

...Acababa de soñar con Olaya. No; más que un sueño había sido una visión, una visión como las de antaño. ¿Acaso la esperanza había hecho renacer una parte de mis poderes?  No sabía si debía alegrarme o preocuparme por ello. Ser tan solo un mortal se había revelado como una prueba terriblemente dura para mí; pero por fin estaba empezando a acostumbrarme. Algo dentro de mí me decía que nunca volvería a ser el de antes. Pero, si recuperaba una parte, aunque fuese minúscula, de mis antiguos poderes, ¿que haría con ellos? ¿Podría mi nuevo corazón de mortal asimilar los sobresaltos de mi antigua existencia?...

 

Se premes aquí poderás visitar o blog oficial dos autores.

No blog Club Yinn tes máis información sobre a triloxía e outras actividades dos seus autores; tamén poderás ler algúns capítulos dos libros.

Novembro 2014

Circe ou o pracer do azul  Begoña Caamaño

de


Begoña Caamaño

      A finais do pasado mes morría vítima dun cancro a autora desta novela na que as mulleres homéricas falan de si mesmas, das súas preocupacións e anceios sen intemediarios varóns. Penélope e Circe tecen unha narración epistolar na que se presentan temas de perenne actualidade. Unha nova lectura dos mitos e personaxes da épica grega da man da chorada Begoña Caamaño: a fermosura da deusa de ben rizados cabelos Circe, a esperanzada fidelidade de Penélope, o seu tecer e destecer... mais o centro argumental non está no argalleiro Odiseo senón nas súas mulleres e no cerúleo mar que as separa e as achega.
    Outra obra da mesma autora que atoparedes na biblioteca é a laureada Morgana en Esmelle, recreación do mito artúrico e as terras de Miranda: Merlín, a fraga de Esmelle... cun tratamento diferente ao de Cunqueiro.

- É certo que me amaches? É verdade que me deixaches repousar no teuportada corazón?
- Tan certo como que de non existir Ítaca xamais te abandonaría. Tan certo como respiro e como o mar tira por min. Non é só que te amase, é que foi canda ti que coñecín o amor.
- Xúrame entón que me has querer en todas as túas mulleres futuras - Ulises fitouna atónito-, xura que este o noso amor servirá para que mudes o teu xeito de ollar as mulleres. Mozas ou vellas, fermosas ou feas, túas ou alleas, xura que desde agora todas han ser merecedoras do teu respecto, que nunca máis has ver ningunha como un ser inferior, como algúen sen criterio nin desexo propios, como un instrumento para as túas ansias ou ambicións... Oh, Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Ti cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada. Dime que deixei pegada forte na túa alma e que non serán só os teus brazos os que me estrañen.Non permitas, meu heroe, que chegue o día en que me arrepinta por te amar.

   

Outubro 2014

autorMax Picard.

El maldito péndulo de Foucault

de 

Marc Boada

Cando non entende algo, Max Picard ponse nervioso e non para ata que alguén llo explica. Iso é o que está a pasar agora mesmo mentres contempla o péndulo de Foucault. Din  que non se para nunca... Como é posible? E por si iso fora pouco, un home misterioso e barrigudo dille que este péndulo é a demostración mais bonita de que a Terra xira sobre si mesma. Estupendo, agora xa ten dous misterios por resolver.

Max, o seu primo Roger e a súa amiga Helena veranse nunha aventura alucinante na que terán que investigar moito para alcanzar o seu obxectivo. Ao final, Max sacará unhas notas fantásticas en Coñecemento do Medio.

O autor Marc Boada  é un divulgador científico e inventor catalán, que une as súas capacidades científicas coa paixón pola escultura. Colabora con múltiples medios de comunicación.

portada
   -Hola, Elena -refunfuñé, a la vez que me notaba la nuca muy caliente.
   -Hola, científico marginaaado -y lo dijo arrastrando la palabra para incordiarme más-.¿Estás estudiando cómo destruir el planeta?
    La miré a los ojos, sin decir nada.
   -Vale, ¿qué te pasa, Max?
   Elena era mi mejor amiga porque, cuando dejaba de arrearme pescozones, podíamos hablar de cualquier cosa, y tenía respuestas para todo, porque se pasaba la vida leyendo. Me habían dicho que podía tragarse mil páginas en un día y después contestar cualquier pregunta. Era una enciclopedia ambulante, aunque sus libros preferidos eran las novelas con argumentos muy retorcidos y personajes torturados. Llevaba unas gafas muy gordas, pero nadie se atrevía a reirse porque además de una cultura bestial tenía una fuerza extraordinaria, con la que repartía unos mamporrazos temibles. De hecho, la colleja que me había dado se podía considerar una tierna muestra de afecto.
   -Te voy a contar el máas pequeño de mis problemas. He construido unos péndulos que funcionan juntos, al mismo tiempo. Pero al cabo de pocos segundos de oscilación, chocan entre ellos, ¡no hay manera de que sigan siempre la misma trayectoria! Estoy desesperado...

Xuño 2014

PARCO

de

Jordi Sierra i Fabra

       Parco é un adolescente que cumpre condena nun reformatorio por cometer un asasinato. Na súa estanza alí saberemos o que pasa ao seu arredor, como se enfronta ao mundo, de que xeito contraataca os golpes que a vida lle vai dando, a súa visión do ambiente no que vive e no que viviu... Ata que no final do libro comeza a súa verdadeira historia ao darse conta da súa realidade, interna, que o destrúe por dentro... cando se descobre por que decidiu matar unha persoa no medio dun bar repleto de testemuñas. A obra recibiu o X Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Anaya porque, entre outras características “sendo unha historia dura, que é como unha labazada, posúe un regusto de esperanza", sentenciou o xurado.

 

 

"La tercera pregunta: «Te encuentras una cartera con un millón de euros y una tarjeta con la dirección del dueño. ¿La devuelves o te la quedas?» Mira al hombre.

Oiga, le dice, si un tío pierde una cartera con un millón de euros, o es tonto o es rico, así que en ningún caso vale la pena devolvérsela. Pero si digo que me la quedo usted pone en mi ficha que soy un ladrón, y si digo que la devuelvo resulta que soy tonto del culo. Diga lo que diga, pierdo.

¿Qué harías?

No vale, protesta arrojando el test sobre la mesa.

¿Qué harías?

¡Quedármela, coño!, grita furioso. ¿Un millón de euros? ¡Y cien mil, y mil euros, y hasta un billete de veinte! ¡Joder, míreme bien! ¡No se le puede preguntar lo mismo a todo el mundo! ¡Bill Gates y yo nos parecemos tanto como un huevo a una castaña! ¡No me haga hacer tests gilipollas! ¡Míreme a los ojos y pregúnteme!"

 

 Le o primeiro capítulo da novela aquí.        Jordi Sierra i Fabra  é un escritor catalán nado en 1947, especialmente coñecido pola súa obra no campo da literatura infantil e xuvenil.
     Autor prolífico (máis de 400 títulos) recibiu diversos premios literarios, destacando o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2007 pola novela Kafka e a boneca viaxeira.
     É tamén un estudoso da música rock e pop. Participou na creación de revistas, como Popular 1 ou Super Pop, amais do Trivial Pursuit de rock.

Maio 2014

O Corazón da Branca de Neve

de

Francisco Castro

Francisco Castro (Vigo, 1966) traballa na actualidade na Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.

Na biblioteca tamén podes atopar outras obras do autor coma: O ceo dos afogados, Un bosque cheo de faias, Chamádeme Simbad, O segredo de Marco Polo e Spam.

Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontecendo agora mesmo en calquera das nosas cidades. Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador. Recibiu o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia

     Un móbil pode cuspir odio. E o noxo pode notarse a través dun teléfono se quen fala nos odia e lle damos noxo.

      -Pero por que non acabaches o traballo?, como fuches tan idiota?, como se che deu por deixala alí e deixala viva?, en que carallo estabas pensando?, como se pode ser tan anormal?

   O Branco oe, pero non escoita. Sabía que ía pasar algo así. Ou non, quizais non o sabía. Si, probablemente non o sabía. Só así pode explicarse o susto que levou ao coller o xornal na cafetería de Merchi, dous días despois de deixar a rapaza tirada alí, convencido de que morrería. Víraa sangrar daquela maneira, había algo que lle penduraba entre as pernas (o xornal falara da placenta), e estaba tan pálida, que non tiña dúbidas de que había morrer en pouco tempo.

    -Non pensei que ía pasar iso. Eu estaba seguro de que...

    Non lle deixou rematar a frase. O Branco despegou un chisco o móbil da orella, pois podía escoitar igual os berros do xefe. Chamáballe de todo. O máis suave: imbécil.

   -E que esperabas?, que ela mesma fixese desaparecer o seu propio cadáver?, como se pode ser tan...

Abril 2014

La lección de August
de
R. J. Palacio

 

     August, un neno de dez anos, vai á escola por primeira vez. Naceu coa cara deforme e pasou por moitas operacións; case non sae da casa e a súa nai foi a responsable da súa educación. El é un rapaz normal e corrente, por iso os seus pais deciden que xa é hora de que vaia á escola. August sabe ben que non todo o mundo é capaz de ver máis alá da súa cara e, no seu primeiro ano de escola, tocaralle convencer aos seus compañeiros para que non o traten dun xeito especial.
    Mediante un sentido do humor cheo de autenticidade e a través dos ollos e as palabras dos distintos protagonistas, R. J. Palacio (veterana ilustradora americana e novel narradora, esta é a súa primeira obra) explora a natureza da amizade, a tenacidade, o medo e a percepción dun mesmo e dos outros. Novela cargada de sentimentos, de valores, de leccións sobre a vida mesma.

august
 "El caso es que cuando era pequeño no me importaba conocer a otros niños, porque todos los niños que conocía eran pequeños, como yo. Lo guay de los niños pequeños es que no dicen cosas para intentar hacerte daño, aunque a veces digan cosas que te hacen daño. Pero no saben lo que dicen. Los niños mayores... esos sí que saben lo que dicen.Y eso no me hace ninguna gracia. Uno de los motivos por los que me dejé crecer el pelo el año pasado era porque me gusta que el flequillo me cubra los ojos: eso me ayuda a tapar las cosas que no quiero ver.
    La señora García llamó a la puerta y asomó la cabeza.
- Ya están aquí, señor Traseronian -dijo.
-¿Quiénes? -pregunté.
-Gracias -le dijo el señor Traseronian a la señora García-. August, he pensado que sería buena idea que conocieses a algunos alumnos que estarán en tu clase este curso. Podrían enseñarte el colegio. Lo que se dice reconocer el terreno.
-No quiero conocer a nadie -le dije a mamá.
    El señor Traseronian se me puso delante y apoyó las manos en mis hombros. Se agachó y me dijo al oído:
-Tranquilo, August. Son buenos chicos, te lo prometo (...)                                                                                                                                                                                   
 Palacio 1

Marzo 2014

Peaxes

de

Santiago Lopo
   

Peaxes
 

    Novela curta de doada e agradable lectura onde se mestura realidade e ficción en clave de humor e ironía. Un cobrador da peaxe nunha autoestrada vai reconstruíndo a vida dalgúns dos automobilistas habituais da súa peaxe e dos que máis chaman a súa atención aos que nomea segundo o coche que empregan:  Gran Cherooke, Clio, Ibiza, Matiz…  Interesante reflexión sobre a soedade, o illamento, o desexo humano de comunicación cós demais e as ideas que nos facemos das persoas coas que nos atopamos a partir de datos como os que utiliza o novelista: a música que sintonizan, os obxectos que levan no vehículo ou os anacos de conversa que se perciben mentres os usuarios pagan a peaxe.

   

    "Clio! E eu chipando unha piruleta das que acabo de regalar.
    -Mira se as moedas van ben, non estou certa. Que, deixando de fumar?
    Faloume! Hei morrer dun infarto.
    -Non fumo, e ademais na cabina está prohibido. E ti?
    -Deixeino hai tres anos, os caramelos axudan, pero precisas vontade.
    -Esas gaitas que escoitas son galegas?
    -Non, é unha banda de gaitas bretoa. Encántame a música celta.
    -Xa o dicía eu. Sabías que...
    Pero quen carallo está a tocar a bucina?
    A cola impaciéntase -di ela-. Perdoa por entreterte. Chao.
    Non, Clio, non te vaias! Xa verás, listo, sei que fuches ti quen pitou, o terceiro da cola, o do catro por catro máis-grande-non-o-había, pois agora voute facer esperar ata que che saia verdello nos pneumáticos.
    -...♫ El chiringuito ♫... A ver, cobras ou que?
    -É que non me funciona a súa tarxeta...”

 
Distribuir contido


by Dr. Radut