Skip to Content

Novembro 2014

Circe ou o pracer do azul  Begoña Caamaño

de


Begoña Caamaño

      A finais do pasado mes morría vítima dun cancro a autora desta novela na que as mulleres homéricas falan de si mesmas, das súas preocupacións e anceios sen intemediarios varóns. Penélope e Circe tecen unha narración epistolar na que se presentan temas de perenne actualidade. Unha nova lectura dos mitos e personaxes da épica grega da man da chorada Begoña Caamaño: a fermosura da deusa de ben rizados cabelos Circe, a esperanzada fidelidade de Penélope, o seu tecer e destecer... mais o centro argumental non está no argalleiro Odiseo senón nas súas mulleres e no cerúleo mar que as separa e as achega.
    Outra obra da mesma autora que atoparedes na biblioteca é a laureada Morgana en Esmelle, recreación do mito artúrico e as terras de Miranda: Merlín, a fraga de Esmelle... cun tratamento diferente ao de Cunqueiro.

- É certo que me amaches? É verdade que me deixaches repousar no teuportada corazón?
- Tan certo como que de non existir Ítaca xamais te abandonaría. Tan certo como respiro e como o mar tira por min. Non é só que te amase, é que foi canda ti que coñecín o amor.
- Xúrame entón que me has querer en todas as túas mulleres futuras - Ulises fitouna atónito-, xura que este o noso amor servirá para que mudes o teu xeito de ollar as mulleres. Mozas ou vellas, fermosas ou feas, túas ou alleas, xura que desde agora todas han ser merecedoras do teu respecto, que nunca máis has ver ningunha como un ser inferior, como algúen sen criterio nin desexo propios, como un instrumento para as túas ansias ou ambicións... Oh, Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Ti cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada. Dime que deixei pegada forte na túa alma e que non serán só os teus brazos os que me estrañen.Non permitas, meu heroe, que chegue o día en que me arrepinta por te amar.

   


page | by Dr. Radut