
O curso académico 2023-24 comezará o vindeiro luns 11 de setembro, co horario habitual de mañá de 8:45 a 14:25 e pola tarde de 16:20 a 18:00, con servizo normal de transporte escolar. A primeira hora, o alumnado será recibido polas/os titoras/es dos grupos na pista de terra á dereita do pavillón, se o tempo o permite, e dende alí se dirixirán a súa aula de referencia.
En caso contrario, a benvida será no pavillón. Tras esta primeira sesión coa titor/a seguirase o horario normal o resto do día.
Para saber a qué grupo foi asignado cada alumna/o, as familias deberán consultar a aplicación móbil ABALAR ou as listas que están expostas na entrada do centro.
Recordamos as familias algunhas datas importantes neste inicio de curso:
- Data límite para inscribirse na ANPA: venres 15 de setembro.
- Data límite para solicitar a validación entre as ensinanzas profesionais de música e danza e as materias de ESO e Bacharelato: venres 30 de setembro na secretaría do centro.
Bo inicio de curso 2023-24!