Skip to Content

Vales de material

Convocatoria 2022/23 do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.


 

Ao ter implantado o Proxecto E-Dixgal en toda a ESO no IES San Paio, non é posible beneficiarse do fondo solidario de libros de texto, pero si das axudas para adquirir libros ou material escolar.

VALES MATERIAL ESCOLAR

 

Este luns, 20 de maio, publicouse no DOGA a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos l e ll), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=es

O prazo remata o venres 21 de xuño (este incluido).

Recordamos que o alumnado do noso centro só ten dereito ás axudas para material escolar, xa que toda a ESO está dentro do programa de libro electrónico E- Dixgal.

Para resolver calquera dúbida pódese chamar ao centro en horario de 09:00 a 14:00.

 

Data: 
Lun, 20/05/2024 - 18:51

Ampliación axuda material escolar

 

O pasado venres 14 de outubro publicouse no DOGA a resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se aproba a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€, que poderán pasar a recoller na Secretaría do centro a partir de hoxe, luns 17 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00.

 

Solicitudes de axuda de material excluídas (provisional)

 

Xa está publicada no taboleiro da Secretaría do Centro a listaxe provisional de solicitudes de axuda de material EXCLUÍDAS. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Recórdase que existe a posibilidade de reclamar esta resolución os días martes 12 e mércores 13 de xullo, na Secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00. Non hai un impreso específico para dita reclamación pero pódese consultar a orde que regula este proceso na seguinte ligazón.

A listaxe definitiva publicarase o venres 22 de xullo e, a partir de martes 26 de xullo, as persoas admitidas poderán pasar a recoller o vale na Secretaría do Centro de 09:00 a 14:00 durante o mes de xullo, e de 11:00 a 13:00 no mes de agosto. IMPORTANTE: só poderá recoller o vale a persoa solicitante do mesmo, presentando o seu DNI.

Distribuir contido


by Dr. Radut