Skip to Content

Bolsas e premios

Convocatoria Bolsas MEFP

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. O prazo de solicitudes para o curso 2023/24 esténdese do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
 
O procedemento de solicitude é exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP, no enderezo https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Data: 
Xov, 23/03/2023 - 13:16

Becas Eurolingua

 

A web do Portal Educativo da Xunta de Galicia ven de publicar a 10ª Convocatoria das Becas Eurolingua para a realización de cursos de inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán. Trátase dunha convocatoria aberta ao alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional e universidade.

Tedes máis información no seguinte enlace.

Data: 
Xov, 23/03/2023 - 11:58

Bolsas da Fundación Amancio Ortega

Na súa edición 2023-2024, o Programa convoca 400 novas bolsas para estudiantes de 4º da ESO que desexen estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. O prazo para facer as solicitudes entre o 12 de setembro e o 11 de outubro. Toda a información na web da fundación.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

 

O luns 30 de maio publicouse no DOG a Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través da aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/, código de procedemento ED311D).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación comezou o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

Máis información nesta ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut