Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Xeografía, Historia e Historia da Arte

Contacto Manuel Arnau Reboredo

Se precisades poñervos en contacto conmigo este é o meu contacto de correo electrónico:

arnaureboredo@gmail.com

Contacto co profesor Manuel Caldas

Para alumnado do profesor Manuel Caldas, o meu correo electrónico é caldas@edu.xunta.gal

ACTIVIDADES PARA OS CURSOS DO PROFESOR SERAFÍN

Tedes as actividades de cada curso para estes días  na Aula Virtual . Están na etiqueta CLASES COVID-19. Na mesma están  as actividades semanais correspondentes a cada tema.

  • As actividades serán revisadas cando comecen novamente as clases*
  • As recuperacións da segunda avaliación serán na primeira ou segunda semana de comezo das clases. 
  • No "FORO DE NOVAS" de cada grupo (1º de ESO, 2º de ESO e 1º de BACH) iredes recibindo as instrucións oportunas. Votádelle un vistazo
  • O correo de contacto co profesor para estes días de confinamento será  serafin-xeografia@sanpaio.com

 

NOTA*        Para garantir a igualdade de oportunidades de todos os alumnos, xa que o acceso a internet non é universal nin gratuito, estas actividades volverán a ser traballadas ao inicio das clases.

 

Confinamento COVID-19. Alumnado Miguel Abraira 2BAC C e D

Durante estes días de confinamento na casa pola COVID-19, usaremos as vías habituais para traballar a materia:

  1. Aula Virtual do IES, onde temos apuntes en versión composición, apuntes en versión longa e ligazóns a vídeos documentais relacionados cos contidos. Deixareivos tamén actividades de repaso como roscos tipo "pasapalabra", cuestionarios, etc. Trátase de que vaiades probando o voso nivel de comprensión e facilitando a aprendizaxe.
  2. Podcast "Somos Historia", onde seguiremos explicando a materia, sempre de xeito secuenciado e ligado ás posibles preguntas que vos poden caer.
  3. Podedes contactar comigo, para calquera dúbida ou suxestión, a través do correo miguelabraira@edu.xunta.es ou da conta de Instagram @miguelabraira

Moito ánimo, impoñédevos unha rutina sana e actuade con responsabilidade.

Actividades de xeografía e historia para o alumnado do profesor Manuel Caldas

Alumnado do profesor Manuel Caldas

NOVAS tarefas para os días do 30 de marzo ao 3 de abril de 2020


Descarga o documento coas indicacións.

 

tarefas para os días do 16 ao 30 de marzo de 2020. 

1º ESO (Agrupamento):

Tema 10:

apartados 6 e 7: rematar de copiar no caderno as partes sinaladas.

Apartado 8: copiar no caderno os dous primeiros parágrafos (ata “triade capitolina”).

Apartado 9: copiar os tres subapartados (as orixes; a persecución; o cristianismo, relixión oficial).

O EXAME do Tema 10, apartados 6, 7, 8 e 9 (as partes copiadas no caderno), que estaba previsto para o luns 23 de marzo, será realizado o día seguinte ao que se reanuden as clases (día 1 de abril).

 

Tema 11:

Realizar no caderno as seguintes actividades:

Apartado 1: “Saber facer” nº 3 (Faino Así, páxinas 258 e 259).

Apartado 2: “Claves para estudar” (páxina 261)

Apartado 3: Copia no caderno os apartados sobre “A conquista romana” e a “Organización territorial da Hispania”.

 

Recordade: Traer todo feito no caderno o primeiro día de clase. Consultar con certa frecuencia esta páxina web do Instituto.

 

2º ESO A:

EXAME: o exame de recuperación da segunda avaliación para o alumnado que a teña suspensa (Temas 3 e 5-6), que estaba previsto para o día luns 30 será realizado ao día seguinte da reanudación das clases.

 

Tema 7 (O estudo físico de España e de Galicia):

a) Remata os exercicios que estaban pendentes.

b) Realiza un mapa (outro) da Península Ibérica e indicar nel os seguintes accidentes xeográficos:

  • do apartado 3 (unidades exteriores da Meseta): Pirineos, Pico Aneto, Sistema costeiro-catalán, Sistemas béticos, Cordilleira Penibética, Serra Nevada, Pico Mulhacén, Cordilleira Subbética, Serra de Cazorla, Depresión do Ebro, Depresión do Guadalquivir.

  • do apartado 4 (relevo insular): Mallorca, Menorca, Ibiza, Formentera, Cabrera, Serra da Tramuntana, Pico Puig Major, Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife, La Gomera, La Palma, El Hierro, Pico Teide.

  • do apartado 5 (as costas): costa cantábrica, costa mediterránea andaluza, costa levantina, Mar Menor, Albufera de Valencia, costa catalá, Ceuta, Melilla, rías altas galegas, rías baixas galegas, costa atlántica andaluza.

c) Copia no caderno os apartados 6 e 7 (páxinas 188, 190 e 191) e realiza un mapa da Península (outro) representando nel o curso de todos os ríos que aparecen neses apartados.

  1. Realiza un resumo de aproximadamente 150 palabras do Apartado 10 (A sustentabilidade ambiental en España).

Recordade: Traer todo feito no caderno o primeiro día de clase. Consultar con certa frecuencia esta páxina web do Instituto.

 

4º ESO:

EXAME: O exame que estaba sinalado para algunha data destas dúas semanas, será realizado a partir do día seguinte ao da reanudación da actividade lectiva, dependendo do grupo ao que pertenzas (A, B, C ou D).

 

Tema 5: hai que preparar o exame deste tema pensando que deberiamos facelo na derradeira semana do mes de abril. Non serán obxecto de exame: “A era de Stalin” nin “As vangardas pictóricas”. Ide estudando (lectura, comprensión, relectura...) e anotando todas as dúbidas e dificultades que atopedes para aclaralas cando voltemos ás aulas.

 

Comentario de texto: opcionalmente, quen quera preparar un comentario de aproximadamente 20 liñas sobre calquera dos documentos que aparecen no Tema 5, que o faga e o entregue o primeiro día de clase. Trátase de aportar información significativa que serva para comprender mellor o texto.

 

 

Recordade: Cumpride ordenadamente un horario de estudo, e consultar con certa frecuencia esta páxina web do Instituto.

Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es