Skip to Content

VALES MATERIAL ESCOLAR

 

Este luns, 20 de maio, publicouse no DOGA a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos l e ll), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=es

O prazo remata o venres 21 de xuño (este incluido).

Recordamos que o alumnado do noso centro só ten dereito ás axudas para material escolar, xa que toda a ESO está dentro do programa de libro electrónico E- Dixgal.

Para resolver calquera dúbida pódese chamar ao centro en horario de 09:00 a 14:00.

 

Data: 
Lun, 20/05/2024 - 20:51

Luísa Villalta: Ars longa, Vita brevis

Luísa Villalta: Ars Longa, Vita brevis de José María Lores Pérez

Data: 
Mér, 08/05/2024 - 08:40

BOLSAS NEAE 24/25

 

 

Dende o pasado 30 de abril e ata o 13 de setembro de 2024 está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE). 

A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón.  

Tendes toda a información no portal de bolsas de educación.

Data: 
Lun, 06/05/2024 - 08:24

Unha Señora das Letras para o Día das Letras

Preme nas datas para máis información

Data: 
Sáb, 04/05/2024 - 12:48

CALENDARIO FINAL DE CURSO 23/24

Podedes consultar o CALENDARIO FINAL DE CURSO 23/24 na seguinte ligazón

Data: 
Xov, 02/05/2024 - 11:08

Acreditación competencia dixital

 

 

Do 2 ao 15 de maio poderá solicitarse na Secretaría do IES a acreditación da competencia dixital para o alumnado que obtivese o título da ESO nos cursos 21/22 ou 22/23. 

 

Máis información na seguinte ligazón.

 

Data: 
Xov, 25/04/2024 - 10:45
Data: 
Xov, 25/04/2024 - 14:45

Comunicado tose ferina

Data: 
Mar, 16/04/2024 - 10:37

Prematrícula curso 2024-25

De cara á preparación do curso 2024-25 necesitamos coñecer as materias que desexa realizar cada persoa que vaia estar matriculada no IES San Paio o próximo curso. Durante o mes de abril, a Orientadora ou o Secretario pasarán polas aulas para explicar o procedemento e as distintas opcións ao alumnado que xa forma parte este curso do centro. Se xa pasaron e todavía tes dúbidas, non dubides en consultarlle.

Selecciona o curso adecuado e cubre os datos solicitados:

PREMATRÍCULA CURSO 2024/25

 CURSO ACTUAL CURSO PARA O QUE SE REALIZA A PREMATRÍCULA
6º PRI 1º ESO
1º ESO 2º ESO
2º ESO 3º ESO
3º ESO

4º ESO Diversificación curricular

4º ESO con Matemáticas A

Para alumnado que pense continuar nun Ciclo Medio ou rematar os seus estudos

4º ESO con Matemáticas B

Para alumnado que pense continuar nun Bacharelato

4º ESO

1º BAC Ciencia e Tecnoloxía

1º BAC Humanidades e Ciencias Sociais

1º BAC Xeral

1º BAC

2º BAC Ciencia e Tecnoloxía

2º BAC Humanidades e Ciencias Sociais

2º BAC Xeral

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 14/04/2024 - 22:45

Aberto prazo becas MEFD

19/03/2024 13:17

Prema nesta ligazón para acceder ao procedemento.

Data: 
Mar, 19/03/2024 - 10:17

OFERTA DE VACANTES 2024/25

Neste arquivo podedes consultar as vacantes no IES San Paio para o vindeiro curso 2024/25. 

 

A dirección

Data: 
Xov, 29/02/2024 - 09:43
Distribuir contido


by Dr. Radut