Skip to Content

Libro do Mes

Decembro 2011

 

     ...Uf! Cando á miña nai lle  deu por quitar todos os espellos da casa e cambialos por uns pequenos, nos que só podías ver a cara, tivemos unha bronca... Ela a dicir que o facía polo meu ben, que eu non era quen de me ver no espello como era de verdade, que me “devolvía unha imaxe distorsionada”. Desde logo, miña nai podía chegar a dicir unhas cousas... Distorsionada... A que soa a algo como de circo? “Con vostedes, a famosa distorsionista...” Boh!, tanto ten. O caso é que eu case toleo cando cheguei á casa e vin que non había maneira de atopar un espello de corpo enteiro. Leváranos todos, mesmo o do roupeiro dos meus pais. Ao principio botáronlles a chave, pero un día deume un siroco e trinquei o pecho. Xa, xa sei que soa un pouco besta, e máis vindo de min, que nunca escachei un vaso, pero é que precisaba verme. Necesitaba ver que estaba ben, que non me estaba poñendo coma unha foca, era difícil de entender?...
    (...) Onde están as miñas cousas, os meus amigos, os meus pais, o meu cuarto, a miña bici, os meus cedés, a praia...?... Onde está a miña vida?!


     A autora, filla de emigrantes galegos, disecciona o comportamento físico e psicolóxico dunha moza vítima da anorexia. Marta, en forma de monólogo, dinos cal é a vida dunha anoréxica, o sufrimento dos seus pais, os desexos de superarse, a resistencia, a báscula... e tamén o abandono que remata na morte.

 

Novembro 2011

¡¿Y para qué sirve un libro?!
de
Alfredo Gómez Cerdá

... La mayor parte de las veces, el libro es introducido en una especie de abertura, entre otros libros, sobre un largo estante, donde permanecerá el resto de su vida, acumulando polvo y olvido. Pero, por fortuna, no siempre ocurre  esto. Un libro no solo sirve como adorno en un mueble librería... 

Un libro tamén serve para  ler... e para moitas máis cousas:

  • perder o Tour de Francia
  • afogar nun río
  • ter trixemelgos
  • pintar a casa
  • etc...

    . Doce relatos, cheos de humor e ironía, que  condensan vidas, afáns, medos, superacións, dúbidas e ilusións dun puñado de personaxes ligados, en positivo ou en negativo, a un libro; personaxes comúns, xentes que veñen e van e que, nalgún momento das súas vidas, acoden ao libro como obxecto, para que lles axude a nivelar unha mesa, a superar a súa vida gris ou a esconder os seus segredos...

 

Outubro 2011

 

Resurrección de Lea Tobery


A reconstrución das horas durante as que fun dada por morta empezouna Julia. Contoume que ao se decatar de  que o desmaio non era unha pallasada das miñas,púxose a pedir auxilio a berros. A profesora de historia, que estaba na outra punta do corredor do instituto, acudiu correndo.
-¡Non sei que lle pasa! -dixo atropeladamente Julia.
-Tranquila -contestou a profesora mentres sacaba o móbil do bolso.
Reaccionou con serenidade e chamou a urxencias. A ambulancia tardou poucos minutos en chegar. Dous paramédicos entraron ás presas no instituto cunha padiola e unha especie de carriño con diversos aparellos médicos.
-Derrubouse e perdeu o coñecemento. Iso é todo o que sei -informounos a profesora...
O paramédico encrequenado sacou un bisturí e cortoume o xersei...  Non me ruboricei porque estaba morta... naquel momento non volvín. Aferreime a Ethan. Non o quería deixar escapar. Era feliz nos seus brazos en medio daquel campo de centeo...

Emma viviu unha experiencia próxima á morte. Nela coñeceu a Ethan, con quen sentiu unha conexión especial, coma se fose á súa alma xemelga, o amor da súa vida... Mais, cando Emma volve en si, Ethan desaparece. Quen é: un anxo, unha ilusión, un sono, alguén que lle traía unha mensaxe que podería cambiar a súa vida para sempre?
Coa axuda das súas amigas, chea de dúbidas e ilusións, Emma emprenderá unha busca a través de médiums e cemiterios que a levará a segredos e sorpresas que non imaxinaba...

 

Xuño 2011

Menú de enganos
de
Manuel Núñez Singala


    “Foi o médico, á vista das análises, o que lle recomendou reducir os hidratos na dieta e incrementar a inxesta de proteínas.
    Por iso teimaba en comer a Hansel e Gretel, malia vivir nunha casiña de chocolate, a moi bruxa”

    Así remata este xantar literario cunha carta moi especial. Vinte pratos de relatos: catro lixeiros e curtos para picar, catro entrantes, catro primeiros, catro densos e fortes segundos e catro sobremesas para deixar bo sabor de boca.
    Humor, reflexión, crítica, textos con variedade de personaxes e situacións, historias literarias saborosas cun denominador común: o engano, a mentira e a falsidade porque -di o propio autor- a vida é un xogo de verdades e mentiras.
    Un xantar apto para todas as dietas.

 

Maio 2011

Cruzada en “jeans”

de

Thea Beckman

    Novela de aventuras ambientada na Idade Media.
   Comezos do século XIII. Milleiros de nenos encamíñanse cara Terra Santa seguindo a un mozo que tivo unha visión. Viaxan, con múltiples dificultades, a pé desde Alemania ata as costas italianas. Fame,  sede,  enfermidades, hostigamento... van diminuindo os ánimos e o número dos nenos cruzados que queren loitar contra os sarracenos. Rudolf, un mozo do século XX, grazas ao túnel do tempo, chega ao escenario de tan patética expedición. Os coñecementos do século XX e o arroxo de Rudolf son de gran axuda para evitar perigos e dificultades. Rudolf, un cruzado en “jeans”, descobre abraiado un mundo novo, moi distinto do seu.

Abril 2011

Pano. O derradeiro caso de Poirot
de
Agatha Christie
Novo asasinato en Styles. O asasino xa matara impunemente en cinco anteriores ocasións e, como todos os criminais, pensa ser máis intelixente que ninguén. E iso é algo que Poirot non pode consentir, así que volve a Styles, xunto ao Capitán Hastings para localizar o asasino. Pero o detective é agora un inválido nunha cadeira de rodas, enfermo do corazón. Mais mantén o cerebro áxil, sutil, vivo, astuto e sagaz. O detective dáse conta de que este será o seu último caso, o máis interesante de todos. O asasino ten unha técnica case sen fallos, idea crimes case perfectos. Isto provoca admiración en Poirot, aínda que tamén constitúe un desafío que o detective non pode rexeitar. Porque para un detective non pode existir o crime perfecto. Malia estar cos cinco sentidos alerta Poirot non logra evitar que o homicida golpee de novo. Pero ese si que será o seu último delito... Poirot obterá o seu último éxito...
   
Na Biblioteca tamén atoparás outras obras de Agatha Christie como:
Asesinato en el Orient Express,
El asesinato de Roger Ackroyd, 
O asasinato de Roger Ackroyd

Marzo 2011

Crímenes pitagóricos
de
Tefcros Mijailidis
     Obra moi entretida, mestura de xéneros: historia, novela negra e ciencia. Novela sobre a amizade, a lealdade e as matemáticas. Ficción histórica sobre á vida dun matemático de comezos do século XX e os acontecementos acaecidos na Europa da época.
    Os dous protagonistas, viaxando por Europa, exploran a súa paixón e as consecuencias desta. Mijaíl Iyerinós, un grego de familia acomodada, tras estudar matemáticas, vai perdendo o seu interese pola ciencia ata converterse nun home conservador, medorento dos cambios sociais, asustadizo ante a posibilidade de que a xeometría euclidiana deixe de ser un arcano para os mortais.
    A novela empeza co asasinato de Stéfanos Candartsís, outro matemático con quen Mijaíl pasou os seus mellores anos de estudante, con quen compartiu algunhas mulleres e con quen soñou un mundo onde a ciencia se convertería na nova linguaxe creativa de toda a humanidade. O policía que trata de esclarecer a morte de Stéfanos encontrarase cun crebacabezas que mestura problemas matemáticos que levan séculos sen solución, estrañas relacións sentimentais, un mafioso ao axexo e o pacto de silencio que os pitagóricos fixeron na antiga Grecia.

Febreiro 2011

Vredaman
de
Unai Elorriaga

Mateo, cada vez que entraba na biblioteca a roubar un libro, levaba unha cartolina no peto. Adoitaba ser unha cartolina de color rechamante: vermella, verde fosforescente, amarela. E deixábaa no mesmo andel do que substraera o exemplar. E escribía: “Roubei este libro”. Deseguido, anotaba na cartolina o nome do autor, o título, a editorial, o ano de publicación, e se aínda lle quedaba algo de tempo, o código de identificación.
   
    Obra de lectura doada que contén historias con protagonistas excéntricos e peculiares para reflexionar sobre os seres humanos. Todas as historias xorden a carón de Tomé, un neno que debido a circunstancias familiares  pasa o verán na casa dunha tía. Historias de parentes e amigos: un avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos, pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun  raro exemplar de cabalo do demo azul.

Xaneiro 2011

 Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca

de
Álvaro Cunqueiro

 

   

 Fanto Fantini della Gherardesca comprobó una vez más que su cuerpo cabía exactamente dentro del hexágono inscrito en una circunferencia que había dibujado con tiza en el piso de la celda. Su rubio pelo rizado tocaba el lado superior del hexágono, mientras sus pies se apoyaban firmemente en el lado inferior... Fanto, desnudo, se tumbó en el suelo, dentro del hexágono dibujado con tiza. Conforme había desnudado su cuerpo, tenía ahora que desnudar su mente de todo lo que pudiese perturbar la acción que iba a realizar. Lo había logrado ya en anteriores ocasiones... Habían llegado el día y la hora... Fanto volaba como cometa hacia la puerta... Fanto rodó fuera, y con la violencia del golpe perdió el conocimiento. No pudo darse cuenta de que había asustado a unas ovejas pardas, y a unos cuervos que buscaban granos en una era recién sembrada. Una mujer gritó...
   
Ambiente do primeiro renacemento italiano. Mito, maxia, misterio, fábula e aventura mestúranse nas historias do poliédrico e ousado heroe Fanto, experto en incribles fugas coa colaboración de Lionfante, o seu cabalo, ou do seu can Remo.  


 E se queres outras obras do mesmo autor:

O ano do cometa,
As crónicas do sochantre,
Escola de menciñeiros e fábula de varia xente,
O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca,
Merlín e familia,
Obra en galego completa,
Os outros feirantes,
San Gonzalo,
Si o vello Simbad volvese ás illas,
Xente de aquí e de acolá ...

Decembro 2010

Camiño perigosoánxela loureiro

de

Ánxela Loureiro

Eu sempre fora unha nena inxenua e dócil, que me conformaba co que me tocaba para evitar problemas. Sempre preferín ignorar as situacións adversas aínda cando as podía intuír. Consideraba que a nosa vida era difícil pero como non eramos os que máis problemas tiñamos, daba grazas por todo; comiamos todos os días e viviamos relativamente felices. Claro que eu era pouco esixente coa miña felicidade, pois conformábame co mínimo e resignábame co que viña por temor a males maiores. Estabamos todos xuntos e arranxabámonos co que acadabamos dos nosos labores; a miña nai cosía moi ben e chamábana moitas veces á casa do alcalde para que lles fixese traxes e vestidos; o meu pai guiaba os peregrinos a Santiago dende que desembarcaban no porto, e logo traíaos de regreso; polo camiño, cantáballes e recitaba poesías, por iso lle chaman Xan o Poeta...


Acción, drama, amor e humor mesturados.

Alba ve en perigo a súa familia, non sabe de seus pais e ten que coidar dos seus irmán pequenos. Decide deixar os irmáns cunha veciña e meterse nunha serie de aventuras para dar cos seus proxenitores. Disfrázase de mozo, faise amigo dunha compañía de actores e xente de circo, escapa dos soldados ata que...

Na Biblioteca podes coñecer o que falta.

Distribuir contido


by Dr. Radut