Skip to Content

Libro do Mes

Novembro 2010

 
 El último enigma
de
Joan Manuel Gisbert

     Cidade de Brujas. O  avogado Bartolomé Loos visita ao doutor Palmaert, pide axuda porque algúns membros da Irmandade do Enigma de Salomón son vítimas da tolemia despois de ter lido unha carta para descifrar o último significado do universo.
Mentres, nunha pousada preto de Amberes, o mozo Ismael decide seguir a un dos Mestres ocultos da Irmandade.
     O malvado Lucas Lauchen idea un plan para liquidar a Irmandade. Cheo de medo, Ismael busca amparo na casa de Loos.
     O misterio aclárase paseniñamente: un traidor foi quen enviou a carta aos demais e cando parece que Palmaert e Lauchen teñen todo controlado....

 

     Para o que falta, xa sabes... na Biblioteca.

Do mesmo autor tamén podes ler:

Escenarios fantásticos
Leyendas del planeta Thámyris
Los espejos venecianos
La mansión de los abismos
El misterio de la isla de Tökland
El museo de los sueños
La voz de la madrugada

Outubro 2010

 O esconxurador
de
Xesús Manuel Marcos

Lembro que o home suaba dentro da sotana negra. Tamén os dous mozos que me suxeitaban, un por cada brazo, para que non me movese, aínda que eu só era unha cativa de sete anos que pouca resistencia podía ofrecer. Botoume auga bendita mentres murmuraba.
(...)
O Esconxurador pousou no chan a fouce e o mañizo de herbas que traía, pechou os ollos e pulou por riba da cacharela. O lume estalou na noite, as moxenas ascenderon, lizgairas,  coma querendo aloumiñar o luar que abranguía, misterioso, aquela noite de San Xoán.
Velaí o primeiro e o último parágrafo dunha novela que se le dun tirón. Espíritos, curacións, relacións humanas e milagres, medo, intriga e relatos lendarios manteñen en vilo aos lectores.

    Se queres saber máis... na Biblioteca...

 esconxurador

Xuño 2010

O mar é noso
de


Alicia Borrás


     O dono da praia chamábase don Bieito. Era un home calvo e redondo que fumaba coma unha cheminea e vixiaba cada día do verán, apoiado nun muro de pedra, a súa posesión máis importante: a praia da morea.
     Eu tíñalle moito respecto e máis cando chamaba por mín para que vixiase que ningún neno xogase co cano dunha mina que saía directamente do seu muro.
     Esa auga non é potable Xoán -dicía cunha voz de fumador- e polo tanto excusades de xogar con ela, xa tedes bastantes cousas para entretervos.
     Eu defendía o cano con moito rebumbio, xa me parecía moito que aquel home importante nos deixase xogar na súa praia ata ben entrada a noite.
     -A praia non é del -dicía a miña curmá Rosalía que era lareta de máis para o meu gusto...

     Libro de fácil lectura da escritora e actriz de dobraxe Alicia Borrás, composto dunha ducia de relatos curtos moi axeitados para contar.

   

Maio 2010

Balzac y la joven costurera china
de
Dai Sijie


La redoblada atención del Cuatrojos y su desconfianza para con nosotros, pese a nuestra amistad, acreditaban la hipótesis de Luo: la maleta estaba sin duda llena de libros prohibidos. Hablábamos a menudo de ello, Lúo y yo, sin conseguir imaginar de qué tipo de libros se trataba. (Por aquel entonces, todos los libros estaban prohibidos, salvo los de Mao y sus partidarios, y las obras puramente científicas.) Establecimos una larga lista de libros posibles: las novelas clásicas chinas, desde Los Tres Reinos combatientes hasta el Sueño en el Pabellón Rojo, pasando por el Jin Ping Mei, conocido por ser un libro erótico...


     Nas remotas rexións do oeste de Sichuan, Ma e Luo, dous rapaces chineses deben reeducarse nunhas condicións infrahumanas mais unha maleta con libros prohibidos de clásicos occidentais: obras de Balzac, Dumas, Stendhal, Baudelaire, Rousseau, Dumas, Victor Hugo... lévaos a descubrir un mundo cheo de poesía, sentimentos e paixóns descoñecidas e a facer dos libros unha valiosa axuda para conquistar á filla do xastre dun pobo próximo.
A novela mostra o valor do libro e da lectura como iniciación, como liberación e preséntanos a literatura como un instrumento para soñar con mundos afastados, inexistentes, imaxinarios, e transcender desa forma as nosas realidades cotiás.


Abril 2010

Xenaro e o misterio da mochila verde
de

Mar Guerra
Resulta que levaba almacenando obxectos na mochila verde desde moito antes de chegar ao Universal. A colección resultaba impresionante. Atopáronlle moreas de cousas raras: trastes, xoguetes, caixas, plásticos, pezas de roupa… Dentro do saco verde había  un pouco de todo, incluídas varias bolsas de pipas e garapiñadas. Iso si, cousas de escaso valor, ou rotas ou inservibles; bagatelas, trangalladas.
 
Un rapaz andaluz, Antonio, chega novo ao colexio onde estuda Xenaro Conese Maiúsculo e leva sempre unha gran mochila verde ás costas. Esa mochila desperta a curiosidade de Xenaro  e dos seus amigos que fan de detectives para resolver, entre outros, o misterio da mochila verde.

Marzo 2010

 

     ¿Quién es ella?
de
    Jerry Spinelli
     Durante todo el día, ella formaba parte de mi vida. Notaba sus movimientos, su presencia en cualquier parte del edificio. Entre clase y clase, no hacía falta verla por los pasillos, sabía que estaba ahí: oculta entre la masa de gente, mostrándome el camino, a punto de doblar una esquina cinco clases más adelante. Su sonrisa me guiaba. Cuando estábamos juntos, los estudiantes a nuestro alrededor empezaban a cuchichear. Estábamos profundamente solos. Caminábamos, sonreíamos, nos mirábamos a los ojos, y no había paredes ni techo; éramos dos personas en un universo de espacio y estrellas.
     Y entonces, un día...  

 

spinellinovela marzo

 

 

     Nun instituto de ensino secundario de Arizona os alumnos levan unha existencia moi parecida mais a chegada dunha nova compañeira, unha rapaza extravagante e inmune as críticas dos demais,  remata coa monotonía escolar e social reinante. Ela, enfundada nun vestido amarelo limón,  busca chamar á atención: sempre viaxa coa súa mascota Cinnamon (un rato), nos partidos de baloncesto anima do mesmo xeito ao equipo do cole e ao rival... Os seus compañeiros pretenden esquivala agás Leo que chega a namorarse dela.


 

Febreiro 2010

 Isha, nacida do corazón  
 de
Fina Casalderrey
 
 “—Marta díxome que como ías ser ti miña nai, se es branca e eu son negra. “Ti non tes nai”, espetoume diante de todo o mundo. (...)
—Non podes chamarte Isha, con hache —dixéralle unha compañeira da escola, hai xa máis de cinco anos—. Terás que chamarte Isa, de Isabel.
  —Eu son Isha porque nacín na India —explicara convencida. (...)
  —Si, son adoptada. (...)
  — ...eu nacín do corazón de miña nai...”   

 Isha está desacougada polos comentarios dos seus compañeiros. Ela, unha nena india adoptada, sabe do amor que lle teñen os seus pais... e coñece a historia da súa vida, unha historia máxica e fantástica ambientada na India...

 
 Da mesma autora tamén podedes atopar na Biblioteca:

•    Ás de mosca para Anxo
•    ¡Asústate, Merche!
•    Dúas bágoas por Máquina
•    A lagoa das nenas mudas
•    A máscara de palma
•    O misterio dos fillos da Lúa    
•    Mutacións xenéticas
•    A pomba e o degolado
•    ¡Prohibido casar, papá!
•    ¿Sobrevives?
•    Tres pegadas

 

Xaneiro 2010

Alas negras
de


Laura Gallego García

 “—No sé qué hay en Gorlian que eches tanto de menos, ni me importa —concluyó—, pero has de saber que no voy  a permitir que tus sentimientos nos lleven a todos al desastre. Por eso voy a acompañarte. Porque no tienes ni idea, no sabes a qué te estás enfrentando ni lo que implica abrir la puerta del infierno y tratar con demonios. Porque no quiero despertarme una mañana y volver a ver el cielo cubierto de alas negras. ¿Me he explicado bien?”

Ahriel, despois de render contas diante dos seus compañeiros na Cidade das Nubes, busca a máxica prisión de Gorlian acudindo a todos recursos posibles, un deles é falar coa única persoa que sabe dela mais contactar con esa persoa non resulta doado…

Este libro é a segunda parte de Alas de fuego. A historia de Ahriel e os demais personaxes remata aquí. O título fai referencia as ás negras dos demos.

Decembro 2009

Sansón Troleyro

de
Enrique Vázquez Pita
Santiago de Compostela, século XVII. Un estudante de medicina inadaptado e incomprendido é perseguido pola Inquisición porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque vende aos peregrinos herbas da risa.
Sansón Troleyro (tal é o nome do noso protagonista) co seu enxeño e coa axuda dun microscopio faise famoso resolvendo crimes e salvando a vida de inocentes.


Do mesmo autor tamén podedes atopar na Biblioteca:

•    O Ouro de Agrícola

Novembro 2009

 

El fabuloso mundo de las letras
de
Jordi Sierra i Fabra

 


“A Virgilio no le gustaba leer.
Más aún: Virgilio odiaba leer.
Cierto que la palabra “odiar” es fuerte, espantosa, pero... era la realidad. Lo decía y reconocía él mismo, sin tapujos:
- Odio leer.
Y se quedaba tan campante.
De hecho todo había comenzado un día, mucho antes, cuando apenas salía de párvulo, y su profesora le había dicho:
-Virgilio, vas a leerte este libro.
Él preguntó:
-¿Por qué?
Y la profesora le soltó un grito:
-“Porque te lo digo yo y se acabó”

Un rapaz que odia os libros descobre a maxia e a beleza da literatura.
Virxilio foi obrigado no colexio a ler. E, aínda por riba, tivo que coñecer ao escritor. Non sabía que ese sería o inicio dunha nova vida...    

Do mesmo autor tamén podedes atopar na Biblioteca:

 

•    Las alas del sol
•    Campos de fresas
•    Casting
•    Chamando ás portas do ceo

•    Las chicas de alambre
•    Una historia de dragones y princesas
•    La memoria de los seres perdidos
•    Noche de viernes

 

 

 

 

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut