Skip to Content

Xuño 2010

O mar é noso
de


Alicia Borrás


     O dono da praia chamábase don Bieito. Era un home calvo e redondo que fumaba coma unha cheminea e vixiaba cada día do verán, apoiado nun muro de pedra, a súa posesión máis importante: a praia da morea.
     Eu tíñalle moito respecto e máis cando chamaba por mín para que vixiase que ningún neno xogase co cano dunha mina que saía directamente do seu muro.
     Esa auga non é potable Xoán -dicía cunha voz de fumador- e polo tanto excusades de xogar con ela, xa tedes bastantes cousas para entretervos.
     Eu defendía o cano con moito rebumbio, xa me parecía moito que aquel home importante nos deixase xogar na súa praia ata ben entrada a noite.
     -A praia non é del -dicía a miña curmá Rosalía que era lareta de máis para o meu gusto...

     Libro de fácil lectura da escritora e actriz de dobraxe Alicia Borrás, composto dunha ducia de relatos curtos moi axeitados para contar.

   


page | by Dr. Radut