Skip to Content

Abril 2012

Maio 2012

Mi familia y otros animales
de
Gerald Durrell
    Gerald Durell, fillo dun enxeñeiro británico destinado na India, naceu en 1925. En 1928, a familia Durrell regresou a Inglaterra e, despois de residir en distintos lugares de Europa, instalouse na illa grega de Corfú. Alí, o pequeno Gerald desenvolveu a súa paixón polos animais, que o levaría a viaxar polas selvas do mundo, a ser un coidador orixinal do zoo de Londres e a escribir historias cheas de tenrura, ecoloxía e humor.
    Combina nos seus libros o retrato de xentes e lugares, a autobiografía e un insuperable sentido do humor. A miña familia e outros animais é sen dúbida a súa obra máis coñecida e celebrada. Primeira parte da súa divertida triloxía de Corfú, que prosegue con Bichos e demais parentes e O xardín dos deuses, a obra preséntanos unha áxil e graciosa galería de personaxes, como Larry e as súas estrafalarias amizades, mamá Durrell e o seu inesgotable sentido común, ou Spiro, o corfuano angloparlante, xunto con toda unha serie de animais retratados como só pode facelo quen ao longo de toda unha vida os considerou con intelixencia e tenrura.
 
“Para amarga desilusión mía, después de todos mis esfuerzos y mi constante servicio de centinela, los bebés salieron del huevo por la noche. En mi opinión y a cambio de todos mis desvelos, la hembra podía haber retrasado el asunto para que yo lo presenciasae. De todos modos allí estaban, una magnífica camada de jóvenes tijeretas diminutas y frágiles, como talladas en marfil. Rebullían debilmente bajo el cuerpo de su madre, metiéndosele entre las patas, subiéndosele a las pinzas las mas audaces. Era un espectáculo enternecedor. Al día siguiente  hallé vacía la guardería: mi maravillosa familia se había dispersado por el jardín.Poco después vi a uno de los niños. Claro que era más grande, más oscuro y robusto, pero le reconocí de inmediato. Sesteaba enroscado en un laberinto de pétalos de rosa, y cuando le desperté se limitó a arquear irritado sus pinzas sobre el lomo. Yo habría preferido ver en ello un saludo, un gesto de amistad, pero honradamente hube de admitir que no era sino el aviso de una tijereta a un enemigo potencial. Aun así, la excusé. Al fin y al cabo, era muy pequeña la última vez que nos habíamos visto...”

23 de abril 2012: DÍA DO LIBRO

Valentín Paz Andrade, sempre con Galicia

Liña do tempo para coñecer mellor ao autor do Día das Letras 2012:


Abril 2012

Soidades de Ana
de
Jordi Sierra i Fabra
     Jordi Sierra i Fabra, conta con máis de duascentas obras no seu haber. Os seus libros foron traducidos a vinte idiomas e actualmente é lido en máis de cincuenta países. A temática das súas obras é exemplo de compromiso coa realidade dun mundo inzado de problemas. As soidades das nais adolescentes é a temática na que se centra esta novela.

    Chamábase  Ana, pero agora xa só é un recordo. No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír  os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades.


     “Comezou pola mesa, polos caixóns, á caza dos segredos adolescentes. O caos imperante no cuarto tamén se impoñía ata o último recuncho daquel pequeno universo informal. Esperaba dar con algunha axenda, nomes,calquera dato, pero foi incapaz de atopar nada pesia o minucioso do seu exame. Caixón por caixón, foi unha busca estéril. As poucas fotografías xa as coñecía, eran súas, familiares, escolares. Nada novo. En ningunha aparecía un rapaz, só ou con máis xente. Prevención? O máis seguro. Mellor iso que ter que enfrontarse constantemente á nai. Pero se saía con alguén e estivera tan namorada como para chegar á tolada de deitarse con el... Era posible que non gardase ningunha imaxe súa? E por suposto tampouco existía un diario que fose revelador. Ana sabía que ela tivera que deixar de escribir no seu por mor da impertinente curiosidade materna. Se cadra por iso a irmá pequena fora máis coidadosa, ou máis despreocupada.

Abril 2012

XLIII
    

     Era una mañana y abril sonreía.
Frente al horizonte dorado moría
la luna, muy blanca y opaca; tras ella,
cual tenue ligera quimera, corría
la nube que apenas enturbia una estrella.
...
     Pregunté a la tarde de abril que moría:
¿Al fin la alegría se acerca a mi casa?
La tarde de abril sonrió: La alegría
pasó por tu puerta —y luego, sombría:—
Pasó por tu puerta. Dos veces no pasa.



Antonio Machado(1875-1939)

 

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2012

Hoxe, 2 de abril, celebramos o aniversario do nacemento  do escritor danés Hans Christian Andersen. É tamén a data escollida para festexar á literatura infantil e xuvenil, peza fundamental en toda biblioteca.

México é o país responsable do cartel (cuxo autor é Juan Gedovius) e da mensaxe deste ano, obra do escritor Francisco Hinojosa.

MENSAXE DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2012


Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, nos converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.

Francisco Hinojosa

 

 

 

Juan Gedovius

 

Francisco Hinojosa

A nosa proposta de lectura para celebrar esta data é Violeta Ela de Sabela Álvarez Núñez.

Feliz Día e Feliz Lectura!



by Dr. Radut