Skip to Content

Abril 2012

Soidades de Ana
de
Jordi Sierra i Fabra
     Jordi Sierra i Fabra, conta con máis de duascentas obras no seu haber. Os seus libros foron traducidos a vinte idiomas e actualmente é lido en máis de cincuenta países. A temática das súas obras é exemplo de compromiso coa realidade dun mundo inzado de problemas. As soidades das nais adolescentes é a temática na que se centra esta novela.

    Chamábase  Ana, pero agora xa só é un recordo. No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír  os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades.


     “Comezou pola mesa, polos caixóns, á caza dos segredos adolescentes. O caos imperante no cuarto tamén se impoñía ata o último recuncho daquel pequeno universo informal. Esperaba dar con algunha axenda, nomes,calquera dato, pero foi incapaz de atopar nada pesia o minucioso do seu exame. Caixón por caixón, foi unha busca estéril. As poucas fotografías xa as coñecía, eran súas, familiares, escolares. Nada novo. En ningunha aparecía un rapaz, só ou con máis xente. Prevención? O máis seguro. Mellor iso que ter que enfrontarse constantemente á nai. Pero se saía con alguén e estivera tan namorada como para chegar á tolada de deitarse con el... Era posible que non gardase ningunha imaxe súa? E por suposto tampouco existía un diario que fose revelador. Ana sabía que ela tivera que deixar de escribir no seu por mor da impertinente curiosidade materna. Se cadra por iso a irmá pequena fora máis coidadosa, ou máis despreocupada.


page | by Dr. Radut