Skip to Content

Febreiro 2011

Vredaman
de
Unai Elorriaga

Mateo, cada vez que entraba na biblioteca a roubar un libro, levaba unha cartolina no peto. Adoitaba ser unha cartolina de color rechamante: vermella, verde fosforescente, amarela. E deixábaa no mesmo andel do que substraera o exemplar. E escribía: “Roubei este libro”. Deseguido, anotaba na cartolina o nome do autor, o título, a editorial, o ano de publicación, e se aínda lle quedaba algo de tempo, o código de identificación.
   
    Obra de lectura doada que contén historias con protagonistas excéntricos e peculiares para reflexionar sobre os seres humanos. Todas as historias xorden a carón de Tomé, un neno que debido a circunstancias familiares  pasa o verán na casa dunha tía. Historias de parentes e amigos: un avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos, pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun  raro exemplar de cabalo do demo azul.



page | by Dr. Radut