Xaneiro 2015
O Hobbit de J. R. R. Tolkien |
|
Narración das vicisitudes dun pobo apacible e sensato que vive na Terra Media, xunto con elfos, magos e outros seres fantásticos. Inicio dun ambicioso ciclo épico que se concretou na triloxía O señor dos aneis e O Silmarillion. A Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ao día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trastocada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos cara á Montaña Solitaria para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo. |
|
![]() |
![]() |
-¿Estamos todos aquí? -dixo, devolvéndolle a espada a Thorin cunha reverencia-. Déixame ver: un (era Thorin), dous, tres, catro,cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once; ¿onde están Fili e Kili? ¡Aquí os están!, doce, trece, e aquí está o señor Bulseiro, ¡catorce!¡Ben, ben!, podía ser peor, e tamén podía ser bastante mellor. ¡Sen ponis, nin comida, e sen saber ben ónde estamos, e con hordas de trasnos furiosos aí detrás! ¡Sigamos! Seguiron. Gandalf acertara: comezaron a oír ruído de trasnos e horribles ouveos ó lonxe, nos pasadizos polos que viñeran. Iso fíxoos avanzar máis axiña que antes, e como o pobre Bilbo non podía ir nin a metade de rápido (pois os ananos poden apurar moitísimo -asegúrovolo- cando teñen que facelo) alternáronse para levalo ó lombo. Os trasnos aínda apuran máis cós ananos, e estes trasnos coñecían o camiño mellor (eles mesmos fixeran os pasadizos) e adoecían coa carraxe; así que fixesen o que fixesen, os ananos oían os berros e ouveos acercándose cada vez máis e máis. Pronto puideron oír mesmo as pisadas dos trasnos; moitos, moitos pés que parecían estar xusto detrás da última reviravolta. O lampexo dos fachos vermellos podíase ver detrás deles no túnel polo que ían; e empezaban a sentirse mortalmente cansos. -¿Por que, pero por que deixaría eu o meu buratohobbit? -dixo o pobre señor Bulseiro bambeando arriba e abaixo no lombo de Bombur. -¿Por que, pero por que traería eu a este coitadiño hobbit a buscar un tesouro? -dixo o pobre Bombur, que era gordo, e abaneaba para os lados coa suor pingándolle polo nariz abaixo da calor e do pánico. Nese punto, Gandalf quedou atrás, e Thorin... Podes ler máis aquí |
|
A adaptación cinematográfica desta novela comprende tres películas:
http://youtu.be/NSwRIEofsaE?list=PLJylJdKDKqqxs_sowznBulbmoRm919gmD
|