Skip to Content

Febreiro 2015

BAJO LA MISMA ESTRELLA

John Green

John Green nace en Indianápolis, Estados Unidos, o 24 de agosto de 1977. Licenciado en Lingua e Literatura Inglesa e en Teoloxía, tiña pensado continuar os seus estudos para ordenarse como pastor da Igrexa Episcopal, pero o seu traballo nun hospital para nenos con enfermidades terminais leváronlle a preferir converterse en escritor e narrar as súas experiencias. Traballou como asistente editorial, comentarista de libros e produtor dun programa de radio. Actualmente vive en Indianápolis coa súa esposa e dous fillos.
As súas obras posúen unha linguaxe directa, sinxela e clara. Están escritas usualmente en primeira persoa, na voz dos seus protagonistas principais. Baséanse en feitos da vida real e cotiá, moitas veces tristes e devastadores, pero reais á fin e ao cabo.
Ademais de escritor, John é un popular youtuber. Xunto co seu irmán Hank mantén a canle VlogBrothers, ademais doutros varios proxectos audiovisuais, todos os cales posúen unha considerable audiencia. Están considerados dentro do grupo de youtubers máis influentes
A adaptación cinematográfica da novela, protagonizada por Shailene Woodley e Ansel Elgort, estreouse en España en xullo de 2014.
Na biblioteca podes atopar tamén Una estrela que non se apaga e El teorema de Katherine.
  A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos os dous padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, só existe o hoxe e o agora. Por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer o seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contra o reloxo, tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que talvez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme puzzle do que forman parte...

 

Hai varias maneiras de descubrir as expectativas de supervivencia de alguén sen necesidade de preguntarlle directamente, e eu recorrín á clásica.
-Vas ao instituto?
Os pais adoitan sacarte da escola en canto pensan que vas palmala.
- Si- contestoume-. Vou ao North Central, aínda que un ano atrasado. Estou en segundo de bacharelato. E ti?
Pensei en mentir. Á fin e ao cabo, a ninguén lle gustan os cadáveres. Pero ao final díxenlle a verdade.
-Non. Os meus pais sacáronme da escola hai tres anos.
-Tres anos? - preguntoume sorprendido.
Expliquei a Augustus os principais episodios do meu milagre: diagnosticáronme estadio IV de cancro de tiroide cando tiña trece anos. (Non lle dixen que mo diagnosticaron tres meses despois de que me viñese a regra por primeira vez, en plan "Felicidades! Xa es muller. Agora, morre") Dixéronnos que era incurable.
Pasei por unha operación chamada "disección radical de cuello", e que é tan agradábel como o seu nome. Despois por radiacións. A continuación probaron a quimio para os meus pulmóns. Os tumores diminuíron, pero logo volveron crecer.
Por entón tiña catorce anos. Empezáronseme a encher os pulmóns de líquido. Parecía un cadáver, coas mans e os pés inchados, a pel agretada e os labios sempre morados.
Hai un medicamento que fai que non che asuste tanto o feito de non poder respirar, e a través dunha cánula enchíanme as veas dese medicamento e dun montón máis. Aínda así, afogarse é bastante desagradable, especialmente cando sucede durante meses. Ao final rematei na UCI con pneumonía, e a miña nai axeonllouse xunto á miña cama e díxome:"¿Estás preparada, cariño?", eu contesteille que estaba preparada, e o meu pai non deixaba de repetirme que me quería, e non se lle entrecortaba demasiado a voz porque a tiña xa entrecortade de todo, e eu repetíalle que...

 

 Primeiro capítulo



page | by Dr. Radut