Marzo 2015
A forma das nubes de María López Sández |
|
María López é profesora de Didáctica da Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, área de Didáctica da Lingua e da Literatura no Departamento de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. |
![]() |
![]() |
Cando ten trece anos, unha rapaza emprende unha viaxe que o vai cambiar todo e na que coñece unha actriz engaiolante e cativadora. Xa adulta, lembra aqueles momentos tinguidos de beleza e violencia. Os retallos do pasado, os fragmentos de lembranzas, deseñan un mosaico no que a protagonista procura unha forma, un sentido, coma quen contempla as nubes para recoñecer nelas figuras do mundo real. Novela, narrada en primeira persoa, que pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración de ritmo intenso e constante. O lector axexa na interioridade da protagonista, nas súas vulnerabilidades, nas vivencias dunha vida que nace e nos sentimentos cando a traxedia se instala no seu fogar. |
Os adultos adoitan dicir que os nenos queren ser nenos para o que lles convén e adultos para o resto. Mais eu sentía exactamente que xa era demasiado grande para gozar dos privilexios de O., e demasiado nena para facer o que quería ou que se me tivese en conta. E tamén mamá nisto era contraditoria: ás veces abrazábame e aloumiñábame o pelo como facía con O. E noutras ocasións arredábame cando lle daba un bico. Así que, en xeral, eu andaba enfurruñada e prefería non falar demasiado. Pola súa banda, papá intentaba ter unha conversa comigo, sabíao porque aparecía a deshoras nos recantos onde me agochaba e eu decatábame de que andaba a miña procura, mis facía todo o posíbel por eludir esa conversa. Iso era o que mais me asustaba: antes prefería sesión dobre de contos e monicreques con O. Ou mesmo unha lección de saber estar por parte da miña nai. Pero o caso é que eu tiña as miñas propias ocupacións e iso facía mais doado permanecer á marxe do resto. Abondábame con matinar onde podería atopar a ... |