Semana relatorios USC: A Ponte entre o Ensino Medio e USC. 2º Bach A: LM Botana López: De onde sae un medicamento

15.03.2024

 

O terceiro e derradeiro relatorio do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para o ano académico 2023/2024 foi da man do profesor do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinria da USC Campus de Lugo, Luís Miguel Botana López, o cal ofreceu un relatorio ao alumnado de 2º BACH - A denominado: De onde sae un medicamento? Nel o alumnado puido saber como se crea un medicamento, de onde saíron moitos dos medicamentos actuais, como por exemplo a Aspirina ou o Sintrom, ou cal é o custo (elevado) que ten elaboralos. Un relatorio moi ameno e cheo de grandes coñecementos!

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_15_2ª AVA_2º BACH_A_L M Botana López_ De onde sae un medicamento

Semana relatorios USC: A Ponte entre o Ensino Medio e USC. 1º Bach: JA Rodríguez Añón: Cambio climático: mitos lendas e ciencia

14.03.2024

 

O segundo relatorio encadrado dentro do programa "A Ponte entreo Ensino Medio e a US " levouse a cabo o xoves 14 de marzo onde o alumnado de 1º BACH acudiu ao relatorio de JA Rodríguez Añón: Cambio climático: mitos, lendas e ciencias. O profesor da facultade de Física e Química da USC explicoulles polo miúdo diferentes elementos do cambio climático facendo fincapé na concienciación cidadá para frealo. Un dato curioso que nos ofreceu en relación a este tema é que se coidamos o planeta, tal e como debemos facer, en 25 anos teriamos un planeta sano. 

A teoría sabemola, só temos que aplicala!

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_14_2ª AVA_1º BACH_ J A Rodríguez Añón_Cambio climático: mitos lendas e ciencia

Semana relatorios USC: A Ponte entre o Ensino Medio e USC. 2º Bach B. Víctor Millet: Filoloxías con futuro: tradicionais e dixit

11.03.2024

 

Na Semana de Relatorios da USC: A Ponte entre o Ensino Medio e a USC comezamos co presenza do profesor e catedrático de Filoloxía Alemá da USC, Víctor Millet, no noso centro. o cal ofreceu un relatorio ao alumnado de 2º Bach - B denominado Filoloxías con futuro: tradicionais e dixitais.

Álbum: Escolares -> 2024_03_11_2ª AVA_2º BACH_B_Víctor Millet_Filoloxías con futuro - tradicionais e dixitais_Relatorios A ponte entre o Ensino Medio e a USC

Xa temos instalado o noso "Punto Laranxa"

Xa tedes acceso ao noso "Punto Laranxa" nesta páxina web. Esta medida forma parte do Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar actualizado recentemente pola Consellería de Educación.

Tanto se formas parte do alumnado, do profesorado, persoal non docente ou das familias do centro e tés algún problema, sufres acoso ou sabes de alguén que o esté a pasar mal por este tema, non o cales!!!!!

Podes facelo de xeito físico escribindo unha nota e depositándoa no buzón ou no Punto Laranxa da nosa web, os teus datos serán tratados con total confidencialidade e tamén pode facerse de forma anónima:

Non quedes calado, escoitámoste!

1º ESO. Parque da Cultura Castrexa. San Cibrao de Las. San Amaro - Ourense

05.03.2024

O 5 de marzo de 2024 o alumnado do curso de 1º ESO realizarou unha visita ao Castro de San Cibrao de Las acompñado do seu profesorado: Ana Delgado, Sara Porrit, Laura Rodríguez e Yolanda Soba.

O Castro de San Cibrao de Las está datado entre o século II a.C. e o século II d.C. e situado entre os concellos de Punxín e San Amaro, na provincia de Ourense.
En primeiro lugar, acudiron ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, onde as guías fixéronlle unha visita explicativa por todo o Centro. Así, os alumnos e alumnas puideron coñecer máis información acerca da cultura castrexa do noroeste peninsular. Aprenderon sobre as formas de vida dos antigos castrexos, puideron observar pezas orixinais da época e entender como se organizaban e funcionaban as súas cidades.
A continuación, o alumnado realizou unha xincana polo recinto; por grupos, as rapazas e rapaces debían atopar as respostas a unha serie de preguntas, distribuídas ao longo de todo o Centro de Interpretación. Unha actividade lúdica e educativa, onde aprenderon á vez que se divertían buscando pistas.
Por último, visitaron o propio Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galicia, onde puideron observar as murallas, rúas e vivendas da antiga cidade castrexa. Tamén disfrutaron da paisaxe e das estupendas vistas de parte da comarca do Carballiño dende a cima do castro.

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_05_2ª AVA_1º ESO_Parque da Cultura Castrexa_San Cibrao de Las

ABERTA INSCRIPCIÓN NOS CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL (NIVEL BÁSICO E INTERMEDIO) PARA PERSOAS ADULTAS

 

PROGRAMA FORMATIVO:  

            Formación de carácter non formal, asociada, entre outras posibles, a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Impartiranse os seguintes niveis:

    • Curso de Capacitación Dixital (nivel básico)

    • Curso de Capacitación Dixital (nivel intermedio)

DESTINATARIOS/AS: Todas as persoas que non estean cursando ningunha ensinanza regrada, no caso de esgotarse as plazas terán preferencia as persoas maiores de 55 anos.

CERTIFICACIÓN Ó ALUMNADO: Expedida polo centro, con indicación da formación recibida, e acreditable como 2 unidades de competencia en relación coa familia profesional correspondente.

DURACIÓN DA FORMACIÓN:    30 horas

NÚMERO DE FORMACIÓNS A IMPARTIR:   3  (formaranse grupos de mínimo de 15 persoas)

PROCEDEMENTO PARA INSCRIBIRSEAs persoas interesadas cubrirán o seguinte  formulario  indicando a preferencia horaria (intentarase cumprir a orde de preferencia de cada inscrito/a sempre que a organización dos cursos o permita) e entregarano asinado na secretaría do centro ou enviarano por correo ao enderezo ies.rio.cabe@edu.xunta.gal

ORGANIZACIÓN DA FORMACIÓN:  De abril a xuño.

    • Luns – Mércores…...16:30h a  18:30h 15 días

    • Luns – Mércores…...18:30h a 20:30h 15 días

    • Martes - Xoves …….11:30h a 12:30h  15 días

 

 

ESO. Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo

28.02.2024

Preto de 400 mozos e mozas participaron o 28 de febreiro na capital lucense no campionato provincial escolar de orientación do programa Xogade, que impulsa a Secretaría Xeral para o Deporte.
 
Os nosos 52 representantes de todos os cursos de ESO, acompañados dos seus profesores de Educación Física: Pablo Álvarez, Miguel Martínez e Alberto Rodríguez, tiveron que facer uso dos planos de localización para atopar entre oito e dez balizas distribuídas por todo o trazado e nun percorrido aproximado de 2.000 metros. Unha moi boa experiencia na que nos divertimos e practicamos deporte ao aire libre.
Álbum: Escolares -> 2024_02_28_2ª AVA_ESO_Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo

3º ESO e 1º Bacharelato. Andorra. Viaxe á neve

02-08 / 03 / 2024

 

DÍA 1: 2-3 de marzo de 2024

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato do IES Río Cabe, acompañados do seu profesorado: Carlos Parada, Raquel Seoane e Iria Trebolle, iniciaron a viaxe a Andorra para desfrutar dunha semana de esquí.

Viaxe tranquilo sen presenza do temporal que previamente ameazaba. Saímos de Monforte de Lemos ás 00:15 horas.

Entramos no hotel en Andorra sobre as 13.30h e xa temos recollido o material. 

Tarde libre por Andorra La Vella ata a hora da cea. Preparándonos para a semana de esquí!

 

DÍA 2: 4 de marzo de 2024

 

Primeiro día de esquí, onde desfrutamos dunha mañá soleada e coas pistas cheas de neve, é dicir, nas condicións ideais para esta práctica deportiva.

 

Todo o mundo esquiando e gozando da actividade con normalidade.

 

DÍA 3: 5 de marzo de 2024

 

Segundo día de esquí por terras andorranas, esquiando todo o mundo e gozando destes días solleiros e con montañas nevadas.

Completaremos a xornada con Caldea.

 

DÍA 4: 6 de marzo de 2024

 

Terceiro día de esquí por Andorra, todas e todos esquiando e vivindo con emoción a experiencia. O cansanzo xa comezou a aparecer mais o bo tempo axuda a vencelo!

 

DÍA 5: 7 de marzo de 2024

 

Último día de esquí nesta Semana Branca 2024 do IES Rìo Cabe. 

Todo o alumnado e profesorado puido esquiar nesta xornada que comezou nubrada e rematou soleada para despedirnos da paisaxe idílica de Andorra.

Cómpre subliñar a afección aos brindos desenvolta nesta derradeira xornada de esquí.

 

O venres, despois de almorzar, toca iniciar a viaxe de volta a Monforte de Lemos.

 

DÍA 6: 8 de marzo de 2024

 

Logo de almorzar, sobre as 9:30 horas da mañá, o alumando e o profesorado do IES Río Cabe puxo rumbo a Monforte de Lemos, cuxa chegada foi sobre ás 23:30 horas. Foi unha semana chea de novas experiencias, anécdotas e bos momentos que recordaremos sempre. Unha semana na que se practicou esquí e se desfrutou da paisaxe andorrana. Ata o ano que vén Andorra!

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_02-08_2ª AVA_3º ESO_1º Bach_Andorra_Viaxe neve

4º ESO, 1º Bach. e 2º Bach.: Película El maestro que prometió el mar. Multicines Hollywood. Monforte de Lemos

28.02.2024

07.03.2024

 

O alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato acudiron aos cines Hollywood de Monforte de Lemos para visualizar a película "El maestro que prometió el mar". Agardamos que o filme fose do seu agrado e lles axude a coñecer un pouco máis a nosa historia. 

O alumnado foi acompañado do profesorado: Anuncia Vázquez, Ana Otero, Cristina Ouro, Pilar López, Laura Rodríguez e María Padrón.

 

 

 

TRAILER: 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_28_2024_03_07_2ª AVA_4º ESO_1º BACH_2º BACH_Cine_El maestro que prometió el mar_Monforte de Lemos

2º ESO. Parque da Cultura Castrexa. San Cibrao de Las. San Amaro - Ourense

29.02.2024

O 29 de febreiro de 2024 o alumnado dos cursos de 2º ESO realizou unha visita ao Castro de San Cibrao de Las acompañado do seu profesorado: Javier Barros, Ana Delgado, Nerea Iglesias e Carmen Quiroga.

O Castro de San Cibrao de Las, datado entre o século II a.C. e o século II d.C. está situado situado entre os concellos de Punxín e San Amaro, na provincia de Ourense.

En primeiro lugar, acudiron ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, onde as guías fixéronlle unha visita explicativa por todo o Centro. Así, os alumnos e alumnas puideron coñecer máis información acerca da cultura castrexa do noroeste peninsular. Aprenderon sobre as formas de vida dos antigos castrexos, puideron observar pezas orixinais da época e entender como se organizaban e funcionaban as súas cidades.
A continuación, o alumnado realizou unha xincana polo recinto; por grupos, as rapazas e rapaces debían atopar as respostas a unha serie de preguntas, distribuídas ao longo de todo o Centro de Interpretación. Unha actividade lúdica e educativa, onde aprenderon á vez que se divertían buscando pistas.
Por último, visitaron o propio Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galicia, onde puideron observar as murallas, rúas e vivendas da antiga cidade castrexa. Tamén disfrutaron da paisaxe e das estupendas vistas de parte da comarca do Carballiño dende a cima do castro.

Álbum: Escolares -> 2024_02_29_2ª AVA_2º ESO_Parque da Cultura Castrexa_San Cibrao de Las
Distribuir contido