ESO. Campionato Provincial Escolar de Orientación. Lugo
28.02.2024
Preto de 400 mozos e mozas participaron o 28 de febreiro na capital lucense no campionato provincial escolar de orientación do programa Xogade, que impulsa a Secretaría Xeral para o Deporte.
Os nosos 52 representantes de todos os cursos de ESO, acompañados dos seus profesores de Educación Física: Pablo Álvarez, Miguel Martínez e Alberto Rodríguez, tiveron que facer uso dos planos de localización para atopar entre oito e dez balizas distribuídas por todo o trazado e nun percorrido aproximado de 2.000 metros. Unha moi boa experiencia na que nos divertimos e practicamos deporte ao aire libre.