Educación Emocional con cabalos. 3º e 4º PDC. Finca El Carmen. Fiolleda.

O luns, 20 de maio de 2024, saímos co alumnado de 3º e 4º de PDC a realizar distintas actividades con cabalos a Fiolleda. Foron acompañados pola Orientadora do centro, Marta Paredes.

Foi unha xornada diferente, ó aire libre en contacto coa natureza, xestionando e recoñecendo as emocións e superando medos cuns compañeiros de catro patas formibables; Vincios, Sara, Kitty, África, Terra  e Jackey, coa axuda de Candy, Iria, Mar e Suso. Unha experiencia brutal e formidable que, con gusto, repetiremos.

Álbum: Escolares -> 20_5_24_Educación Emocional con cabalos. 3º e 4º PDC. Finca El Carmen. Fiolleda.

II Foliada Literaria Letras Galegas 2024

 

Este ano, o mércores 15 de maio do 2024, celebramos polo alto o Día das Letras Galegas Galegas  no IES Río Cabe. 

Como xa se vén facendo dende o curso pasado, festexámolo coa   II FOLIADA DAS LETRAS, na que se mesturan recitado de poesía, música, baile  e este ano, brindos…

 

 Comezamos coa actuación dun grupo de gaitas e pandeiretas de alumnos e alumnas de 1º de BAC, acompañados por algúns profesores. 

Seguimos coa biografía de Luísa Villalta, a homenaxeada este ano, a cargo de Demetrio e Ximena de 1º de BAC.

Despois, os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º de ESO, dirixidos pola súa profesora Silvia bailaron dous pasodobres con muiñeira corrida. 

Deseguido, actuación do Dúo Periférico, cunha sorpresa: actuación do Grupo de brindos do IES Río Cabe. 

E, para rematar, a entrega de premios do Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024, con dous gañadores en cada categoría. Na categoría de 1º, 2º, e 3º de ESO os gañadores foron  Naira Mariño Serrai (2ºAESO) e África García Guitán (2º B ESO); e na categoría de 3º ESO, 1º e 2º BAC os gañadores foron Carmen López Fernández (1ºB BAC) e Manuel Augusto Alcántara Macías (1º A BAC).

Unha selección dalgúns momentos: 

 

Grupo de alumnos/as de 1º de BAC e algunhas profesoras…

 Os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º ESO preparados para o obradoiro de baile…

Un dos grupos do centro -participaron todos- recitando poemas de Luísa Villalta. 

Actuación do Dúo Periférico cos alumnos do Grupo de brindos do IES Río Cabe acompañados da súa profesora do obradoiro de brindos, Sara  Porrit.

Actuación do Grupo de brindos do IES Río Cabe

O director do IES Río Cabe e a coordinadora de Dinamización fanlle entrega aos gañadores do Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024 dos diplomas e agasallos: entre outros, unha bolsa conmemorativa do Día das Letras cos versos de Luísa Villalta incluídos nos microrrelatos, deseñada pola profesora Sara Porrit. 

 

Este acto está organizado polo EDLG (Nuria Mariño, Pilar López e Sara Porrit) en colaboración con Bibliotecas Escolares, o Dpto. de Galego, Vicedirección,  Silvia do Dpto. de Música, Cristina Ouro do Dpto. de Plástica, e numerosos profesores do centro de distintos departamentos; así como de grande parte do alumnado do centro, da ESO e BAC.

 

 

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_05_15_3ª AVA_FOLIADA

Aberto prazo de inscripción nas probas de acceso as ensinanzas deportivas Fútbol curso 24/25

 

 

Consigue o título de Técnico Deportivo en Fútbol, recoñecido polo Consello Superior de Deportes, con validez académica e profesional en todo o territorio nacional. Impartido

partir de setembro en réxime semipresencial

 

O prazo de inscrición nas probas de acceso está aberto ata o 26 de xuño.

 

 

 

 

Xornal Mensual 2º ESO.

20/05/2024 18:05
Europe/Madrid

En 2º ESO seguen coas entrevistas para o seu xornal mensual!

 

Hoxe, 20 de maio de 2024, foi a quenda de Úrsula Nelson, xornalista e tradutora nada no Reino Unido e neofalante de galego. O alumnado fíxolle múltiples preguntas sobre o seu interese en aprender a nosa lingua, o seu día a día empregando o galego e mesmo sobre como cambiar de lingua sen perder a propia.

Grazas Úrsula por vir ata o Río Cabe a compartir con nós a túa experiencia!.

 

a.

Todos os cursos. Programa escolar de consumo de froita hortalizas e leite. FOGGA

13.05.2024

 

CONTINUAMOS COA DISTRIBUCIÓN DE FROITAS E LEITE AOS CENTROS ESCOLARES DURANTE 10 D'IAS. 

O pasado 10 de abril comezamos a distribúir froita e leite nos recreos dentro do programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite nos centros escolares. Hoxe, 13 de maio, continuamos durante 10 días e comezamos coa mazá.

O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas e leite entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.

Este ano o noso centro participa neste proxecto, con leite nos recreos, bricks de 250 ml, de leite enteira e sen lactosa e froita fresca en diferentes periodos dos ano.

 Programa de froita e leite no recreo, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo Fogga (Fondo galego de garantía agraria)

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_10_2024_05_13_3ª AVA_Todos os cursos_Programa escolar de consumo de froita hortalizas e leite

ESO. Entrega premios grupos de teatro

09.05.2024

 

O xoves 9 de maio de 2024 na casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos tivo lugar a entrega de premios aos grupos de teatro escolares. Alí estiveron as nosas alumnas que participaron este curso en teatro dirixidas pola profesora de teatro Paqui Abeledo.

Moitos parabéns e a seguir cultivando esta marabillosa arte!

Álbum: Escolares -> 2024_05_09_3ª AVA_Entrega premios grupo de teatro

1º Bacharelato. Entrega cartas concurso Young Business Talent

09.05.2024

 

O xoves 9 de maio o director do IES Río Cabe entregoulles as cartas ás tres alumnas do noso centro, Carla Dapena Rodríguez, Nos Rodríguez Alemparte e Lucía de la Iglesia Fernández, que obtiveron o 3º posto no Young Business Talent celebrado en Madrid o pasado 19 de abril de 2024 ao que foron acompañadas doutros compañeiros e compañeiras e do seu profesor de Economía Emilio López Mariño.

Sempre é un orgullo que alumnado e profesorado obteñan estes galardóns grazas ao traballo e ao esforzo.

 

Noticia de prensa: https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/lemos/monforte-de-lemos/2024/04/20/instituto-rio-cabe-monforte-tercer-puesto-certamen-nacional-empresarios-virtuales/00031713606883081918174.htm?utm_campaign=amp

Álbum: Escolares -> 2024_05_09_3ª AVA_1º Bach_Entrega cartas concurso Young Business Talent_Economía

Plan Proxecta: Cóntame un conto (3): Pintando ovos

2023/2024

 

Dentro do Plan Proxecta Cóntame un conto, comezamos cos preparativos en 1º ESO para as gravacións dos contos. A verdade é que as primeiras resultaron moi simpáticas, onde os nervios saen á luz e os ataques de risa son moi positivos.

 


Podes ver fotografías e vídeos picando aquí abaixo:

 

Álbum: Escolares -> 2023_2024_Plan Proxecta_ Cóntame un Conto 3: Pintando ovos

Plan Proxecta: Cóntame un conto (2): Visita á residencia de maiores do Malecón. Monforte de Lemos

 

2023/2024

Dentro do Plan Proxecta Cóntame un conto, o pasado mes de marzo algún alumnado de 1º ESO visitou a residencia de maiores do Malecón para compartir con dous usuarios a arte de contar contos.

Álbum: Escolares -> 2023_2024_Plan Proxecta_ Cóntame un Conto 2_Visita residencia maiores do Malecón_Monforte de Lemos

Plan Proxecta: Cóntame un conto (1)

2023/2024

A rapazada participante no Plan Proxecta Cóntame un contocomezou a recoller contos entre os seus familiares, veciños ou achegados para posteriormente transcribilos e memorizalos para poder contárllelos aos seus compañeiros e compañeiras. O obxectivos deste proxecto é promover a actividade de contar contos tradicionais e fomentar o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e o emprego do uso da lingua galega.

 

Alén disto aproveitaremos para visitar algunha residencia de maiores do noso concello co fin de que os usuarios e usuarias poidan transmitirlles aos escolares o seu coñecemento popular oral, o que será, ben seguro, unha xornada moi interesante de contacto interxeracional.

 

A medida que o alumnado vaia practicando o xeito de contar, irémosvos amosando o ben que o fan.

 

O álbum elixido (aid = 444) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido