Todos os cursos. Programa escolar de consumo de froita hortalizas e leite. FOGGA
13.05.2024
CONTINUAMOS COA DISTRIBUCIÓN DE FROITAS E LEITE AOS CENTROS ESCOLARES DURANTE 10 D'IAS.
O pasado 10 de abril comezamos a distribúir froita e leite nos recreos dentro do programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite nos centros escolares. Hoxe, 13 de maio, continuamos durante 10 días e comezamos coa mazá.
O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas e leite entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.
Este ano o noso centro participa neste proxecto, con leite nos recreos, bricks de 250 ml, de leite enteira e sen lactosa e froita fresca en diferentes periodos dos ano.
Programa de froita e leite no recreo, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo Fogga (Fondo galego de garantía agraria).