Skip to Content

SESIÓN INTERNACIONAL CO PARLAMENTO EUROPEO

Hoxe 10 de decembro, cando se cumpren 73 anos da promulgación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o noso centro participou nun evento que reuniu máis de 2000 alumnos e alumnas de 77 escolas de 22 países europeos nunha nova xornada de EUROSCOLA auspiciada polo Parlamento Europeo.

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo, no seu papel de ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO, foi un dos 3 centros españois elixidos para participar nesta xornada na que se preguntou aos adolescentes sobre a Transformación dixital do mundo e a súa visión desta era dixital. As súas aportacións e ideas poden seguirse nesta páxina YOUTHIDEAS.EU, e podedes obter máis información sobre esta temática no programa que UNICEF compartiu en youtube sobre o Impacto da Tecnoloxía na adolescencia emitido o 16 de novembro de 2021.

Os temas de debate e proposta de ideas foron os seguintes:

1. Ciberseguridade e protección de datos

2. Desinformación e fake news

3. Adicción dixital

A sesión abrangueu 2 horas e foi inaugurada polo presidente do Parlamento Europeo David María Sassoli. A segunda interveniente foi a Vicepresidenta Nicole Beer que, logo da súa presentación, respondeu as preguntas variadas que o alumnado facía a través da plataforma virtual e tamén a través dunha aplicación móbil posta a disposición dos centros polo Parlamento. A terceira parte do evento estivo coordinada por Markus Warasin, xefe de unidade da Dirección Xeral de Políticas Exteriores da Unión, que presentou as cuestións de debate e respondeu as preguntas realizadas desde as distintas escolas europeas. O peche da actividade realizouno Ciril Stokelj, da Dirección Xeral de Comunicación do Parlamento.

O alumnado valorou sobre todo a gran participación e compromiso escolar entre tantos países, e tamén a proposta de cuestións de actualidade que deron a oportunidade á mocidade de aportar posibles solucións aos diferentes problemas que acompañan ás redes sociais e ao mundo dixital en xeral.

 

 

  

 

   

La Comarca del Eo (18/12/21)

CRONICA3.COM (11/12/21)

AMARINAXA (12/12/21)

 Cosmopolitas1 

Aquí tedes máis contido multimedia sobre a xornada desde o propio Parlamento.

Tamén deixamos para escoita tranquila o podcast MADE IN EUROPE da Oficina do Parlamento Europeo en España, onde periodistas de diversos medios presentan unha serie de historias que nos unen.

Deixamos tamén a proposta do SEPIE dun Concurso Escolar EUROPASS que remata o 17 de decembro. Ánimo!



blog | by Dr. Radut