Skip to Content

Blogues

Derradeira actividade do curso para os de 18+

PROPOSTA DE COLABORACIÓN video..... A ver se vos animades, é sinxelo, rápido e ameno.... E xa fixemos algunha cousa máis ao respecto.... O traballo consiste nisto:

 

Ya no queda nada para las Elecciones Europeas del 9 de junio. Ya sabéis que una de las prioridades del Parlamento Europeo son los primeros votantes y desde la Oficina del Parlamento Europeo nos gustaría publicar un video con varios embajadores junior que vayan a votar por primera vez explicando la importancia de votar en estas elecciones y cómo de sencillo es hacerlo.

Por lo tanto, os lanzamos un reto: que grabéis un pequeño video – en formato vertical, en un local sin ruido y con un escenario neutro – con uno de vuestros embajadores junior que vaya a votar por primera vez y diciendo una de las siguientes frases:

 

·       Votar en las elecciones europeas es igual de fácil que en otras elecciones, bajas de casa y vas a tu colegio electoral, ¡y ya está!

·       Son mis primeras elecciones europeas y el 9 de junio votaré porque me importa mi futuro

·       Yo voto por primera vez y lo haré porque me preocupa el cambio climático

·       El 9 de junio votaré en las europeas. Por cierto, díselo a todos tus amigos y familiares también, ¡que si no votas tú, otros decidirán por ti!

·       Creo que es importante votar porque los jóvenes tenemos que hacer que nuestras preocupaciones se escuchen

·       Yo voy a ir a votar con mi familia el 9 de junio y luego nos vamos juntos a comer, si es que no se tarda nada

·       Es la primera vez que voto en unas elecciones y me hace mucha ilusión participar en algo tan importante

·       Tengo apuntando en el calendario que el 9 de junio hay que votar, porque las elecciones europeas son igual de importantes que cualquier otra, o incluso más, que en Europa se decide de todo

·       En el colegio nos han enseñado que la Unión Europea nos afecta en el día a día, por eso el 9 de junio voy a votar, porque quiero decidir sobre mi futuro y lo que está ocurriendo en el mundo

·       El 9 de junio voy a votar en las elecciones europeas porque me importa mis derechos y cómo está cambiando el mundo, como con la IA por ejemplo

 

El alumno puede elegir la frase con que más se identifique. La fecha límite para mandar el video es el martes que viene, día 21 de mayo.

OLLO! que debemos mandalo ese día, así que mandádeme antes a mín o video ... 

FIN DE CURSO PARA 2º BACH

Esta semana despedimos ao noso alumnado veterano... os derradeiros estertores das materias axitando as conciencias do personal (algunhas aínda espertando). A satisfacción dos traballos ben feitos, a responsabilidade do quefacer diario, a promesa de un mañá distinto e elixido,... forman parte das conversas e dos soños destes días....

Para algúns e algunhas aínda quedan fíos que enfiar aínda que sexa con desconfianza... Pero polo menos que reine o bo humor e a camaredería... Con esta idea deixamos aquí algunha mostra do que temos estes días para lembranza de cando non estemos, ou para cando volvamos... No entretanto... que fagades o que debedes facer, vos dean as oportunidades que merezades e consigades todo aquelo ao que aspiredes.

Se algunha vez mirades para atrás pensade que seguiremos estando aquí... dalgunha maneira...! Boa sorte!

Sesión final EUROSCOLA: PROTECTING DEMOCRACY AND FUNDAMENTAL RIGHTS IN EUROPE

Venres 26 de abril de 2024, EUROSCOLA pon o broche final invitándomos a unha nova e derradeira sesión co tema: PROTECTING DEMOCRACY AND FUNDAMENTAL RIGHTS IN EUROPE. Un día complicado xa que o alumnado de 2º BAC B ten unha proba ineludible de Filosofía e xa coñecemeos o dito... Primum vivere, deinde... europeare! Pero contamos co constante e aplicado alumnado de 2º BAC A que de seguro fará un bo resumo do que aconteza aos seus e súas compañeiras. Aquí vos deixamos o plan desta mañá... e algúns dos seus protagonistas:

INGALICIA e EUROPA

Hoxe martes 23 temos a visita de colaboradores de INGALICIA, explicando aos nosos bachilleres as posibilidades de estudo, traballo, voluntariado tanto no verano como para o curso lectivo estean onde estean; e tamén os protocolos, papeleos, e trámites que deben realizar para ser visibles como participantes nos distintos e posibles eventos que desde a Unión Europea se propoñen.

Agardamos os comentarios do alumnado para facer a valoración completa da actividade... pero como sempre moitas grazas a INGALICIA por brindarse e implicarse con nos!!!!

Representación de 2º BAC B en Madrid

4 alumnos de 2º BAC B do noso centro nos representan no CONCURSO......Faltan 10 minutos para o inicio e xa os temos concentrados e dispostos a dalo todo nesta proba que enfronta a alumnado de todas as provincias españolas... Ánimo! Seguiremos informando!

   

Sesión final EUROSCOLA 26 abril 2024

Unha vez máis funos invitados a participar on line en EUROSCOLA, nesta ocasión co tema “PROTECTING DEMOCRACY AND FUNDAMENTAL RIGHTS IN EUROPE”, e que se desenvolverá a mañá do 26 de abril entre as 10:00 e as 12:30, con arreglo ao seguinte programa:

Esta parte xa a sabedes: necesitamos que vos rexistredes, tanto alumnado como profesorado. Debe constar...

In order to validate the participation of all students, we kindly ask you to send this registration form to your students' parents via the following link: 

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola260424

We would appreciate if each and every participant, both students and teachers, could complete the registration form as soon as possible.

In the image right form, please mention Visitors and Citizens Liaison Unit – Strasbourg regarding "Unit and person in charge of data processing (the data controller)". 

XUNTANZA ESCOLAS EMBAIXADORAS LUGO 25 abril

O vindeiro próximo xoves 25 de abril as ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO da provincia teremos unha xuntanza en Lugo na sede de EUROPE DIRECT LUGO.

En colaboración coas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (EPAS) da provincia de Lugo: IES Monte Castelo, FEC San José e CPR Plurilingüe Divino Maestro de Lugo e a Escola de Mentores IES Dionisio Gamallo, proponse unha actividade conxunta para loitar contra os falsos mitos e a desinformación. en toda a UE, ao tempo que proporciona información e arroxa luz sobre as institucións, políticas e prioridades de acción europeas da Unión. Deste xeito, o alumnado de cada centro educativo realizará unha enquisa sobre temas de actualidade e interese xeral entre a poboación local para descubrir as falsas crenzas e os aspectos máis descoñecidos para a cidadanía, para que, unha vez realizado o traballo de campo, , compartiranse as conclusións extraídas e celebrarase unha conferencia baixo o título “Europa responde: noticias falsas e desinformación” aberta ao público á que asistirán un ou varios relatores expertos na materia e con amplos coñecementos sobre a UE. resolvendo as diferentes cuestións que xurdan, ao tempo que se anima aos asistentes a participar nas eleccións europeas de 2024.

Tamén aprobaremos as bases para un concurso de carteis do 9 de MAIO, DÍA DE EUROPA, que será utilizado en todas as publicacións da provincia con ese motivo, e do que informaremos puntualmente.

SEMANA EUROPEA DA XUVENTUDE

Do 12 ao 19 de abril celebramos a Semana Europea da Xuventude, e dentro das actividades divulgativas teremos a colaboración da Asociación INGALICIA que preparará ao noso alumnado nas posibilidades que Europa ofrece para os e as xoves e explicará os lugares de información e requisitos para completar, ampliar, coñecer, traballar ou colaborar coas distintas institucións ou grupos que oferten actividades de diversa índole para todos eles e elas.

Se queredes contribuír positivamente coa vosa opinión, podemos realizar grabacións diversas e subilas e compartilas a través desta páxina... DALLE VOZ A TÚA IDEA.

Semana Europea de la Juventud 2024 | Injuve, Instituto de la Juventud.

INFORMACIÓN sobre as ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO

Facémonos eco aquí do espazo que comparte o grupo todosjuntos.eu para ter información de primeira man desde a Oficina do Parlamento Europeo en España en todo o relativo a datos, persoas e países amén de curiosidades, información de actualidade e datos interesantes e curiosos sobre as eleccións europeas.

Unha forma alternativa de acceder a toda información relevante sobre os países que compoñen a nosa UNIÓN EUROPEA... WEB DE RESULTADOS. Un lugar dende o que traballar co alumnado contidos de todo tipo sobre os países que compoñen a UE e sobre as Institucións que nos representan.

 

CHARLAS STEM: MYRIAM GARABITO

Hoxe venres 22 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BAC compartiu coa xefa da Seguridade social de Galicia un tempo de reflexión sobre o seu traballo, os seus estudos e o posto da muller na soceidade actual. Unha charla cercana e amena, na que o alumnado amosou tamén os seus intereses académicos e a súa previsión de estudos futuros. A actividade rematou cun kahoot multitudiinario sobre A conquista da igualdade, no que puxeron a proba os seus coñecementos sobre o papel da muller ao longo das últimas décadas.

 Se queredes botar unha ollada ao tempo compartido nesta actividade podedes mirar AQUÍ... prensaescuela.es

Distribuir contido


by Dr. Radut