Skip to Content

39 ANIVERSARIO DE LA VOZ DE LA ESCUELA

Hoxe é unha data especial, cúmprense 39 anos do primeiro suplemento de La Voz de la Escuela (14 de abril de 1982), un experimento pioneiro na prensa española do que podedes ampliar información neste enlace PRENSAESCUELA.

A nosa relación co proxecto educativo de La Voz de la Escuela ten xa case 20 anos, e ao longo de todo este tempo participamos nos seus BLOGs (pechados recentemente e sen posibilidade de recuperar contidos) mantendo aberto un deles, O DIONISÍACO, desde 2007, xeración tras xeración de alumnado de Filosofía.

Celebramos tamén as SEMANAS DA PRENSA, e contamos en varias ocasións con periodistas locais que contaron os pormenores dun labor que non se detén e que nos permite coñecer o que está a pasar en cada momento e en cada lugar do mundo.

Tamén soubemos aproveitar as posibilidades dos CONCURSOS DE MELLOR PERIODISTA XUVENIL (cun amplo historial de gañadores e de profesorado participante), e participamos tamén no concurso de VIAQUA conseguindo un ilustre 2º posto no curso 2019-2020 con esta proposta AUGA, LITERATURA E RAP.

 

Recentemente colaboramos na proposta de reportaxes de actualidade cun estudo sobre as desigualdades na sociedade actual que podedes ler AQUÍ e ao que podedes dar o voso voto!!!

Por todos estes logros, e por conseguir un día a día ilustrado, informado, e ao alcance de todos, queremos enviarvos unha mensaxe de agradecemento e de ánimo para que sigades mantendo ese espíritu de colaboración e de esforzo. GRAZAS POR TODO!!!!

Nas aulas quixeron enviar unhas FELICIDADES algo especiais, e os grupos de 1º BACH B e C posaron no seu momento de traballo con La Voz de la Escuela...

 

Tamén foron algo máis alá e gravamos un par de sencillos vídeos no noso twiter @cosmopolitas1 con esta felicitación!



blog | by Dr. Radut