Skip to Content

3º trimestre. PROXECTO EDIXGAL

(12/04/21) Comezamos xa o terceiro trimestre e con el todas as actividades finais, tanto interdisciplinares como académicas. Teremos un fin de curso bastante movido e pretendemos facer moitas cousas.

Unha das primeiras é debater a continuidade no PROXECTO EDIXGAL, e como hai moita xente que non sabe que é, imos decribir aquí e agora as súas caracteríticas xenéricas. As opcións son persoais, pero as argumentacións deben ser obxectivas. Só así poderemos xulgar, criticar e escoller a opción más axeitada, a que cada un fundamente, pero con coñecemento de causas, que é a premisa principal de calquera discusión (e tamén a que máis veces esquecemos). A fin de contas non decidimos se o que fago eu é o mellor ou non, senón que decidimos O TIPO DE CENTRO QUE QUEREMOS TER E SER, e eu quero un centro modernizado, conectado e informatizado. 

EDIXGAL é un proxecto de educación dixital no sentido máis amplo, é dicir, non se trata únicamente dun proxecto de libros dixitais. O proxecto EDIXGAL integra os seguintes componentes:

- Unha plataforma online (EVA Online)
- Unha plataforma Offline (EVA Offline)
- Contidos dixitais profesionais de 4 editoriais distintas
- Un ordenador para cada un dos alumnos/as
- Un ordenador para cada un dos profesores/as
- Un sistema operativo propio (Linux Educación) en todos os dispositivos do proxecto
- Reforzo da conectividade dos centros
- Instalación dun servidor local no propio centro
- Un sistema propio de recuperación e restauración dos equipos (Clonación)
- Un servizo propio de atención, soporte e asesoramente (Soporte Premium) cun seguro específico (49 euros/ano) para os equipos dos alumnos, que cubre todo tipo de incidencias excepto roubo/pérdida. (Non existe ningún outro proxecto parecido no resto do Estado)

 A ensinanza dixital non ten restriccións de tempo nin espazo, é permanente, dispoñible a calquera hora, en calquera momento, en calquera lugar. A ensinanza dixital elimina todas estas barreiras.

Cada profesor/a individualmente decide a qué nivel se implica neste proxecto de educación dixital EDIXGAL:

- Cada profesor/a pode traballar coas editoriais (das integradas no programa e que cada vez irán a máis) que queira en cada momento: cunha editorial, con dúas, con tres, con catro … ou con ningunha.
- Dentro do proxecto, na súa propia materia cada profesor/a decide canto tempo lle adica ao traballo en dixital e canto tempo traballa con material impreso.
- Cada profesor/a, individualmente, decide que partes utiliza do proxecto e que partes non.

Indudablemente sobre estas cuestións "cada maestrillo ten o seu librillo", pero o feito de poder traballar con ou sen editoriais, con ou sen uso do ordenador na aula (seguimos lendo, falando e usando a libreta),... non impide uso de recursos ilimitados, material elaborado por cada un (que sempré e´mellor que o de calquera editorial,... coa garantía de que TODO o alumnado (e profesorado) implicado no proxecto ten soporte informático en todo momento.

Haberá que mellorar (como en todo) pero estamos convencidos de que as tecnoloxías están para quedarse en EDUCACIÓN e deben ser asimiladas como un isntrumento máis dentro da nosa didáctica cotiá. Con ese convencemento comezamos o día a día e animamos a TODS a participar!

O que necesita unha aclaración é o tema dos LIBROS DE TEXTO, porque estase a difundir información errada. 

No caso dos LIBROS DE TEXTO, as axudas se destinan a un máximo de 6 libros de texto por alumno/a. É dicir, non teñen axudas para todos os libros de texto de todas as materias, senón que teñen axudas para un máximo de 6 materias. Polo tanto, se xa teñen 6 materias gratuítas (en EDIXGAL) en ningún caso poden acceder a máis axudas.

 EN CONSECUENCIA: Afirmar que polo feito de entrar en EDIXGAL quedan sen axudas para libros de texto non é totalmente correcto, xa que EDIXGAL proporciona os libros dixitais gratuítos para 6 materias, que son exactamente o mesmo número de materias gratuítas que terían se non estiveran en EDIXGAL



blog | by Dr. Radut