Skip to Content

Despedimos unha nova xeración!

(10/06) Noraboa a todo o alumnado que remata este curso os seus estudos de Bacharelato. NORABOA a todos! A maioría estudou os seis anos de estudos no centro, e algúns/has os últimos anos de Bacharelato. Levarán unha ensinanza de vida especial e singular, e de seguro que será unha xeración marcada pola súa adaptación a unhas circunstancias inéditas sobre as que aínda teremos que reflexionar.

Seis anos de instituto dan para moito, pero este último curso foi desde logo unha experiencia única para todos. Aprendemos xuntos a adaptar a nosa vida a circunstancias extremas, a colaborar de forma distinta, con recursos que creiamos dominados, e que, sen embargo, debemos revisar. Muitos de nos colaboramos para que todo o alumnado se vira favorecido a pesar da anómala situación, sobre todo aquel alumnado que tiña máis problemas e dificultades para levar o curso en positivo. Os/as que estudastes con regularidade e con constancia non tivestes problema, vos adaptastes con rapidez as novas normas de vida, pero os/as con máis lentitude para os cambios eran o noso obxecto máis directo. Esperamos que o esforzo conxunto fora positivo, e desexamos poder seguir mantendo esta liña de esforzo e colaboración que vimos demostrando desde fai meses. Houbo outras actitudes e outros comportamentos, e imaxinamos que seremos capaces de asimilalo con conciencia crítica. Non esqueceremos ningún dos aspectos que afectaron a nosa vida en común durante esta pandemia, e aprenderemos deles, para rexeitalos ou para compartilos e repetilos, pero de seguro que serán recordados.

Vaia agora a nosa FELICITACIÓN sincera, e o brindis de colaboración para este mes previo as probas de ABAU, ou de calquera tipo de estudos ou de elección de vida. Sabedes que seguiredes contando con muitos de nós!!!

Sabedes que falta profesorado, son moitos cursos de instituto, e non todos imparten clase en Bacharelato, pero contamos que os/as levades no corazón e no recordo. Boa andaina alá onde vaiades!



blog | by Dr. Radut