Skip to Content

Charla de Nary Ly: olímpica, supervivinte, científica

O Día Internacional da Muller nace como resultado de diferentes actividades e movementos obreiros a comezos do século XX en América do Norte e Europa. Desde entón, este día adquiriu unha dimensión global e o movemento internacional de mulleres, reforzado polas conferencias das Nacións Unidas sobre a muller, contribuíu a que a súa conmemoración ofreza unha oportunidade para aumentar o apoio aos dereitos e participación das mulleres.

As Nacións Unidas comezaron a celebrar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 1975, Ano Internacional da Muller. Dous anos despois, en decembro de 1977, a Asemblea Xeral aprobou unha resolución pola que se proclamaba o Día das Nacións Unidas polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional, que os Estados membros poderán celebrar calquera día do ano de acordo coa súa tradición histórica e nacional.

Un curso máis queremos implicarnos nas actividades desta data cunha primeira visita dunha persoa xa coñecida no centro: NARY LY, que, nesta ocasión, comentará o video sobre a súa vida e experiencias que podemos encontrar en Movistar. Tamén presentará o seu libro para a infancia onde relata a súa vida.

Unha vez máis, o noso AGRADECEMENTO e o noso recoñecemento pola súa lección de vida. Agardámoste máis veces Nary....

 

 

 

Deixamos aquí a noticia de Pablo Villapol publicada en El Progreso este venres 1 de marzo.



blog | by Dr. Radut