Skip to Content

V Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

O domingo 19 e o luns 20 de novembro, as alumnas Sara Requejo Fernández, Marcela Pérez-Magdalena Villar e María Moledo de Diago participaron na V Sesión Autonómica do MEP (a alumna Claudia Loureiro García non puido asistir por enfermidade). Participaron como representantes de distintos países nas 4 Comisións temáticas propostas:

1. A saúde mental dos xoves en Europa.

2. A escasez de auga e o papel da UE.

3. A ética da Intelixencia Artificial.

4. O turismo sostible como forma de promover a economía local e rexional.

Un total de 50 xoves de 8 centros galegos (Los Sauces de Vigo, Los Sauces de Pontevedra, FEC san José de Lugo, IES Ribadeo, La Salle Santiago, IES Rosalía de Castro de Santiago, Colegio Eirís e colegio M. Peleteiro) máis os e as veteranos MEPalumni e participantes de edicións precedentes que exerceron de titores/as, coordinadores/as e asesores/as durante os 2 días de traballo, tanto na elaboración conxunta das Resolucións, como na propia Asamblea Xeral, nun exercicio de participación e democracia política de absoluto nivel e profesionalidade.

As alumnas do noso centro dialogaron. propuxeron, discutiron e interviron en todas as actividades propostas no proxecto, e, de seguro, terán experiencias e anécdotas para contar aos seus compañeiros e compañeiras que permitan dar continuidade a un proxecto ambicioso de colaboración e exercicio de democracia tolerante, de coñecemento da realidade europea e de reflexión consciente sobre os problemas que padece a nosa sociedade e as posibles solucións para evitalos nun futuro en común. 

Noraboa pois a estas 4 alumnas, porque traballaron duramente para chegar a esta participación!! 

 

 

 

 

Cronica3.com (22nov23)

TWITER

Entrevista en Cope de la costa Ribadeo (22nov23)

Amarinaxa.com (23nov23)



blog | by Dr. Radut