Skip to Content

XOVES 22. Pedras da memoria; Cultivos mariños e paseo ata Arnao. VENRES 23: Despedida!

Decidimos deixar a víspera da marcha como día tranquilo e de paseo pola nosa vila. Sempre quedan algúns rincóns para visitar tanto xeograficamente como historicamente. Nesta ocasión dedicaremos un tempo no insti para repasar o tempo histórico do franquismo e actualizar as consecuencias dunha guerra fratricida. A lembranza daqueles e daquelas que sufriron, desapareceron, ou foron asasinados é a base do proxecto STOLPERSTEINE que chegou a España no 2015.

A reportaxe que o Concello de Ribadeo decidiu facer con motivo da súa colocación na nosa vila no 2022 deu pe para unha reflexión do alumnado e profesorado do instituto alemán e do noso centro, e, deseguido, realizamos un paseo pola vila facendo unha lembranza lida das Pedras da Memoria. Con esta andaina chegamos ata o peirao onde realizamos a segunda visita planificada para esta mañá: Cultivos mariños. Un achegamento biolóxico á contorna e os seus primixenios habitantes; unha lección de natureza viva e preservación e sostibilidade para o futuro. Estudiar a contorna para mellorala...

Despois dun xoves algo máis longo do habitual vímonos á entrada do instituto o venres 23 ás 09:15 para a despedida. Gute Reise e ata outra!

 

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut