Skip to Content

INFOPOINT RENOVADO

Levamos tempo coa idea de colonizar outros espazos. Temos unha das paredes do patio de columnas, o espazo EUROPA na biblioteca, o INFOPOINT no twiter de @cosmopolitas1,... pero hai que renovarse. O espazo aberto da primeira planta, lugar de comunicación entre a zoa vella e a nova pareceunos o lugar ideal para facelo.

Certo é que as cousas "de palacio van despacio" pero por fin arrancamos. Un letreiro temporal e movible é a primeira das chamadas de atención. A mesa dentro de pouco tamén será reconvertida en espazo comunicativo, e mentres tanto colocamos un pequeno cartel de ESPAZO SCHENGEN como guiño ao que queremos facer. Un espazo máis, unha responsabilidade máis para o noso grupo de embaixadors junior. 



blog | by Dr. Radut