Skip to Content

Xornalismo na escola

Hoxe 25 de xaneiro tivemos a visita de Sara Carreira, xornalista de La Voz de Galicia e unha das artífices principais do suplemento educativo La Voz de la Escuela e da web prensaescuela, na que o noso centro leva participando fai xa muitos cursos.

A actividade vai dirixida a todo o alumnado de 1º de BAC e a parte do alumnado de 4º ESO, sobre todo ao alumnado que está implicado no proxecto de ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO, xa que queriamos formar un equipo de comunicación e difusión das nosas actividades e de todas aquelas noticias que teñen relación co ámbito da Unión Europea e das institucións do Parlamento europero.

Tamén tiñamos como obxectivo coñecer de primeira man os consellos dunha xornalista sobre a elaboración de reportaxes, xa que un par de grupos de 4º ESO e de 1º BAC están participando no proxecto XORNALISMO NA ESCOLA de La Voz de Galicia, que anima aos centros á elaboración de reportaxes de temáticas variadas coas que o alumando mellora a súa capacidade crítica, a súa reflexión analítica, e os seus recursos lingüísticos.

En definitiva, unha actividade complementaria que resultou áxil, formativa e na que conflúen necesariamente os instrumentos básicos da educación do noso alumnado: escoitar, reflexionar, dialogar e expresarse. Educar ao noso alumnado na cultura do debate, formalos nun espírito crítico no que a discrepancia sexa un medio e non un fin, aportar distintos puntos de vista para contrastar, ratificar ou rebater as distintas argumentacións,... cremos que é o camiño que a sociedade debe retomar para garantir un futuro en paz. 

AmarinaXa (26 xan 23 )

Cronica3.com (26 xan 23)

La Comarca del Eo (4 feb 23)



blog | by Dr. Radut