Skip to Content

PROXECTO TAEUS: Patrimonio Documental de Ribadeo

O equipo Cosmopolitas, formado por 13 alumnos e alumnas de 1º BAC B do noso centro presentou o seu traballo de divulgación do patrimonio documental do concello de Ribadeo nun webminar coordinado pola Asociación INGALICIA a mañá do mércores 15 de xuño entre as 9 e as 12 horas xunto a outros 250 alumnos e alumnas de centros de toda España. Unha oportunidade de difundir o legado dos nosos predecesores e unha ocasión exclusiva de achegarse a ámbitos da vida cotiá de Ribadeo desde 1536.

Hoxe mércores 15 de xuño presentamos o traballo de investigación e difusión de Fondos Europeos realizado por alumnado de 1º BAC co profesor de filosofía Manel Yáñez, baixo a coordinación da Asociación INGALICIA, no que levamos traballando dende fai varios meses.

Aquí tedes o resultado do traballo dos distintos centros: VIDEOS FINALES PROXECTO TAEUS.

Este proxecto une a 10 equipos de toda España que hoxe se reúnen virtualmente para facer unha exposición do tema elixido e para intercambiar información sobre o proceso. Os equipos implicados neste proecto son: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña); Colegio Apóstol Santiago (Vigo); Humanitas Bilingual School (Madrid); Colegio Calasancias (A Coruña); IES Severo Ochoa (Granada); IES Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo); Collegi Hernández (Valencia); IES Punta Candieira (Cedeira); Colegio Sagrada Familia (Extramadura).

 O noso traballo presenta os elementos máis significativos e máis reseñables de todos os que ata agora se levan recollido e dixitalizado, e sobre os que facemos unha pequena introdución para poñer en valor e importancia o esforzo que, desde distintos axentes, se edebe levar a cabo para descubrir, manter e divulgar este legado da nossa propia historia. Unha historia que abrangue documentalmente desde 1535 e que é unha testemuña clara do que fumos e do que somos, e que formará unha parte ineludible do que queremos ser.

Para difundir este patrimonio o alumnado creou en diversas redes sociais unha serie de videos informativos sobre este fondo documental.

Podedes velo no espazo de TikTok de Kosmopolitas:

https://vm.tiktok.com/ZMNNQV26P/?k=1

E tamén en youtube na seguinte dirección:

https://youtu.be/3t-cHJO6aFA

@cosmopolitas1 en Twitter

Compartiremos a nosa experiencia nas Xornadas de Historia Local que se levarán a cabo mañá e pasado na nosa vila.

Coa mesma intención publicaremos reseñas na prensa local, e intentaremos participar nun programa de radio local.

Deixaremos constancia aquí deste traballo de divulgación e seguiremos avanzando!

Amariñaxa (16 xuño22) O Xornal da Mariña (16 xuño22) Cronica3.com (16 xuño22)

Deixamos aquí o enlace aos traballos presentados ao PROXECTO TAEUS sobre fondos europeos. Unha lección desde diversos centros de toda España e unha oportunidade de coñecer os traballos gañadores.

 

 

 



blog | by Dr. Radut